Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2019 Páx. 8773

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 95/2018).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 95/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Nerea de la Calle Sarceda contra Help Adicciones, S.L., sobre ordinario, se ditou auto de desistencia coa seguinte parte dispositiva:

Parte dispositiva.

Acordo: ter por desistida a parte demandante da súa demanda, acordando o sobresemento das presentes actuacións e o arquivamento dos autos.

Incorpórese o orixinal ao libro correspondente e déixese certificación del no procedemento da súa razón.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Help Adicciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza