Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2019 Páx. 8463

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 1014/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1014/2017 deste xulgado de lo social, seguido por instancia de Marcos Camba Loureda contra Ediciones Lenda, S.L, administración concursal de Ediciones Lenda, S.L. (Carlos Manuel Costas Manzanares, en que foi parte o Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento número 1014/2017.

Demandante: Marcos Camba Loureda.

Letrada: Sra. Míguez Castelos.

Demandada: Ediciones Lenda, S.L.

Letrado:

Administración concursal de Ediciones Lenda, S.L. non comparece.

Fogasa.

«Sentenza número 14/2019.

A Coruña, 3 de xaneiro de 2019.

Resolución.

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Lourdes Folla Sánchez fronte á empresa Cervecería Coruñesa, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo isto con condena da empresa ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

2º. A indemnización que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 17.112,18 euros.

3º. Condeno a empresa demanda a que aboe ao traballador os salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a data da extinción da relación laboral no día de hoxe a razón de 50,22 euros/día, o que suma a cantidade de 23.703,84 euros.

O Fogasa deberase ater ao resolto na presente resolución, sen prexuízo dos límites da súa responsabilidade cando proceda, e tamén se deberá ater a ela a administración concursal da empresa demandada.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ediciones Lenda, S.L., en ignorado paradoiro, expido este anuncio para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza