Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2019 Páx. 8461

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

EDICTO (593/2016).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2018.

Vistos por M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 desta cidade, os presentes autos de xuízo ordinario número 593/2016, seguidos por instancia de Construcciones y Promociones Pepe Noya, S.L., representado pola procuradora Sra. Sánchez Silva, baixo a asistencia letrada de Sr. Trepat Silva, contra Carlos Guerrero González, representado polo procurador Sr. Paz Montero e baixo a asistencia letrada da Sra. García Loureiro, contra Jesús Sánchez García, representado polo procurador Sr. Regueiro Muñoz e baixo a asistencia letrada do Sr. López Fernández, e contra Construcciones José Fernández y Elena Fernández, S.L.

Resolución.

Estímase a demanda presentada pola procuradora Sra. Sánchez Silva no nome e representación invocados e declárase a responsabilidade dos demandados por incumprimento contractual en relación cos defectos construtivos e incumprimentos de normativa, e condénanse a indemnizar a demandante nas seguintes cantidades:

1. A Carlos Guerrero González, na súa condición de arquitecto proxectista e director da obra, na cantidade de cento tres mil catrocentos catro euros e catorce céntimos (103.404,14 euros).

2. A Construcciones José Fernández y Elena Fernández, S.L. e a Jesús Sánchez García, con carácter solidario nas súas respectivas condicións de construtor e director de execución, cincuenta e seis mil catrocentos noventa e oito euros e corenta e catro céntimos (56.498,44 euros).

3. A Carlos Guerrero González e a Jesús Sánchez García, arquitecto e director de execución respectivamente, con carácter solidario, a cantidade de oito mil cen euros (8.100 euros).

4. A Construcciones José Fernández y Elena Fernández, S.L., como empresa construtora, na cantidade de dous mil trescentos cincuenta e dous euros e oitenta céntimos (2.352,80 euros)

5. A Jesús Sánchez García, na cantidade de mil catrocentos trinta euros (1.430 euros).

Cada parte aboará as custas causadas á súa instancia e as comúns por metade.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, de ser o caso, se deberá interpor ante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución. Para a interposición do dito recurso é necesaria a constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado, de acordo co establecido na disposición adicional décimo quinta da LOPX e polo importe de 50 euros, o que deberá ser acreditado no momento da presentación do recurso.

Así o acorda, manda e asina, M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Construcciones José Fernández y Elena Fernández, S.L., expídese esta cédula para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza