Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2019 Páx. 8465

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 490/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 490/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de M. Remedios Cabanas Gómez contra Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L. e outros, sobre despedimento, se ditou sentenza, con data do 15 de xaneiro de 2019, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento número 490/2017.

Demandante: M. Remedios Cabanas Gómez.

Letrado: Sr. Pedreira Candal.

Demandadas: Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L. Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Punta Elaborada, S.L., Pedracapela, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L. Gaviota Textil XXI, S.L. –non comparecen–.

Letrado:

Administración concursal de Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Confección Ideal, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Costura Invisible, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L. –non comparecen–.

Fogasa.

Sentenza número 21/2019.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2019.

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por M. Remedios Cabanas Gómez fronte a Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible S.L., Shivshi, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera S.L., Pedracapela, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

Esta opción deberase exercer en 5 días a partir da notificación desta sentencia, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar as empresas solidariamente, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 27.331,20 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 37,96 euros/día.

3º. Desestimo a acción de despedimento formulada pola demandante fronte a Gaviota Textil XXI, S.L., Puntada Elaborada, S.L., polo que deben ser absoltas de todo pedimento dirixido contra elas.

O Fogasa e a administración concursal de Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Confección Ideal, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Costura Invisible, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L deberanse ater ao establecido na presente resolución».

E para que sirva de notificación en legal forma a Deus Deluxe, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Perseo Textil, S.L., Vainica Doble, S.L., en ignorado paradoiro, expido este anuncio para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza