Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Xoves, 7 de febreiro de 2019 Páx. 8001

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (procedemento de divorcio 1158/2016).

Divorcio contencioso (DCT 1158 /2016)

Sobre divorcio contencioso

Demandante: Mirtha Elizabeth Gutiérrez Cabezudo

Procuradora: María de la Paz Estévez Baña

Avogada: María Teresa Franco Fraiz

Demandado: Luis Cipriano Cárdenas Goñe

Edicto

Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia), certifico que neste xulgado se tramitan autos arriba referenciados nos cales se ditou a seguinte sentenza número 433:

«Vigo, 26 de decembro de 2018

María Dolores Rodríguez Leirós, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, ditou esta resolución no procedemento de divorcio seguido neste xulgado co número 1158/16, en que actuaron como demandante Mirtha Elizabeth Gutiérrez Cabezudo, representada pola procuradora María de la Paz Estévez Baña e asistida pola letrada María Teresa Franco Fráiz e como demandado Luis Cipriano Cárdenas Goñe, declarado en rebeldía procesual, coa intervención do Ministerio Fiscal.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Decido que con estimación da demanda presentada pola procuradora Sra. Estévez Baña, en nome e representación de Mirtha Elizabeth Gutiérrez Cabezudo contra Luis Cipriano Cárdenas Goñe, en situación procesual de rebeldía, debo declarar e declaro a disolución por causa de divorcio do matrimonio contraído entre ambos o día 19 de xuño de 1999 en San Juan de Milpo-Yarusyacan-Pasco (Perú), con todos os efectos legais inherentes, entre eles a revogación dos poderes outorgados entre os cónxuxes, e en especial:

1. A atribución da garda e custodia da filla do matrimonio menor de idade, Dayan Elisabeth Cárdenas Gutiérrez, á nai, Mirtha Elizabeth Gutiérrez Cabezudo, sendo a patria potestade compartida polos proxenitores.

2. Fíxase como réxime de visitas da menor en favor do pai, que Dayan Elisabeth viaxe a Perú e permaneza co pai todo o mes de xullo, en anos alternos, iniciándose ao ano seguinte ao do ditado da sentenza, aboando cada proxenitor o 50 % do total do billete de ida e volta.

3. O pai contribuirá ao sostemento da súa filla Dayan Elisabeth na cantidade de 100 euros mensuais (379,06 soles), que ingresará por mensualidades anticipadas, dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta designada para o efecto pola demandante e actualizarase anualmente conforme as variacións que experimente o IPC ou o índice que lle substitúa.

4. Luís Cipriano Cárdenas Goñe contribuirá por metade nos gastos extraordinarios da súa filla Dayan Elisabeth.

5. Acórdase a disolución do réxime económico matrimonial de gananciais.

E todo iso sen facer expreso pronunciamento respecto ás custas do procedemento.

Notifíqueselle esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días seguintes á súa notificación.

Unha vez firme esta sentenza, comuníquese ao Rexistro Civil Central, para os efectos oportunos.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgado en primeira instancia, pronúncioo, mando e asino».

E para que conste e sirva de notificación a Luis Cipriano Cárdenas Goñe, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Vigo, 17 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza