Procedemento ordinario: ORD 888/2017
Procedemento orixe: ORD 888-17/2017
Sobre outras materias
Demandante: Pablo Fernández Román
Procuradora: Marta Barreiro Carrillo
Avogada: Noelia Gregorio Ribeiro
Demandados: Benigno Moldes Alvárez, herdanza xacente e descoñecidos herdeiros de Regina García Pardavila
Eu, Pilar Sández González, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, dou fe que no procedemento ordinario seguido ante este xulgado co número 888/2017, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e decisión son teor literal seguinte:
«Sentenza.
Vigo, 12 de novembro de 2018.
Vistos por min, Mª Belén Martínez Pato, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, os autos de xuízo ordinario número 888/2017 promovidos por Pablo Fernández Román, representado pola procuradora dos tribunais Marta Barreiro Carrillo e asistido pola letrada Noelia Gregorio Ribeiro, contra Benigno Moldes Álvarez e a herdanza xacente da súa esposa Regina García Pardavila e os herdeiros descoñecidos e incertos, en situación procesual de rebeldía, autos dos que resultan os seguintes,
(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).
Decido que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por Pablo Fernández Román, representado pola procuradora dos tribunais Marta Barreiro Carrillo, contra Benigno Moldes Álvarez e a herdanza xacente da súa esposa Regina García Pardavila e os herdeiros descoñecidos e incertos, en situación procesual de rebeldía e, en consecuencia:
1º. Declaro resolto o contrato privado de compravenda celebrado entre as partes o 23 de setembro de 2003.
2º. Condeno os demandados a restituír ao demandante a totalidade das cantidades entregadas a conta, e que ascenden a 28.848,22 euros, máis os xuros devindicados a un tipo do 6 % anual desde a súa entrega ata o seu efectivo pagamento.
3º. Condeno os demandados ao pagamento das custas procesuais.
Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.
Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interponer, no prazo de vinte días, recurso de apelación ante este xulgado do que coñecerá, de ser caso, a Audiencia Provincial de Pontevedra.
Así, por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».
E despois de ser dada e lida na súa data e atopándose en paradoiro descoñecido a demandada, herdanza xacente da súa esposa Regina García Pardavila e os herdeiros descoñecidos e incertos, expido e asino este edicto para que sirva de notificación á referida demandada.
Vigo, 15 de xaneiro de 2019
A letrada da Administración de xustiza