Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Xoves, 7 de febreiro de 2019 Páx. 7997

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1349/2018 IP).

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 48/2015 Xulgado do Social número 4 de Vigo

Recorrentes: David Fernández Grande, S.L. e Enrique Varela Redondo

Avogados: Alfredo Briales Porcioles e Rosa María Tarrago Nesta

Recurridos: Fogasa, Reale Seguros Generales, S.A., Canteras Vilafría, S.L., Ministerio Fiscal e Graniatios, S.L.

Avogados: letrado/a de Fogasa, Carlos Alberto González-Novo Martínez, Emilio de la Cuesta Mediero, Yanay Gallego Fernández e Francisco Antonio Concheiro Teijido

Procuradora: María Tamara Ucha Groba

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1349/2018 desta sección, seguido por instancia de Enrique Varela Redondo contra o Fogasa, Reale Seguros Generales, S.A., Canteras Vilafría, S.L., o Ministerio Fiscal, Graniatios, S.L., Caser Seguros Caser Seguros Reunidos, S.A., Asefa, S.A. Seguros y Reaseguros, Canteras González y Morais, S.L., Allianz Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Gravamir, S.L., Mapfre España, S.A., Cortes de Hormigón de Galicia, S.L., Extracciones Gragonfer, S.L., Extraccións Gramorper, S.L. e Cabaleiro Nogueira, S.L. sobre outros dereitos Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza

María Isabel Freire Corzo

A Coruña, 18 de xaneiro de 2019

O anterior escrito subscrito polo letrado Emilio de la Cuesta Mediero, en representación da empresa Cabaleiro Nogueira e Fernández, S.L., únese ao recurso da súa razón.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para que acudan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días.

Verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese acudida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 4 de Vigo que a resolución desta sala foi impugnada en casación para unificación de doutrina.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Extracciones Gramorper, S.L., Canteras González y Morais, S.L. e Extracciones Gragonfer, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle as destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza