Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2019 Páx. 4940

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 21 de decembro de 2018 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona TIC 2019), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG número 7, do 10 de xaneiro de 2019, procede facer as seguintes correccións:

– Na páxina 1424, no artigo 7, onde di: «2. A resolución conxunta relativa a cada período de admisión de solicitudes será notificada de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. (...)», debe dicir: «5. A resolución conxunta relativa a cada período de admisión de solicitudes será notificada de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. (...)».

– Na páxina 1425, no artigo 7, onde di: «3. O prazo máximo para resolver e notificar as resolucións será de 45 días hábiles desde o peche de cada período de admisión. (...)», debe dicir: «6. O prazo máximo para resolver e notificar as resolucións será de 45 días hábiles desde o peche de cada período de admisión. (...)»

– Na páxina 1432, no artigo 19, onde di: «Para todo o non previsto nestas bases aplicarase o previsto en: (...)», debe dicir: «1. Para todo o non previsto nestas bases aplicarase o previsto en: (...)».