Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2019 Páx. 4941

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 9 de xaneiro de 2019 pola que se resolve parcialmente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes anunciada pola Orde do 5 de novembro de 2018.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, anunciada pola Orde do 5 de novembro de 2018 (Diario Oficial de Galicia núm. 218, do 15 de novembro), de conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro

Resolver parcialmente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, anunciada pola Orde do 5 do novembro de 2018 (Diario Oficial de Galicia núm. 218, do 15 de novembro).

Segundo

Adxudicar destino nos postos de traballo que se indican e seleccionar os funcionarios que se relacionan no anexo desta orde.

Terceiro

O cesamento no destino actual dos funcionarios que obtiveron praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o funcionario obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles, de conformidade co establecido no artigo único do Decreto 166/2013, do 14 de novembro, que modifica o artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidos aos interesados. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto

A xefatura do centro en que cause baixa o funcionario, así como a de aquel en que obteña destino consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de ceseamento e toma de posesión.

Quinto

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante este mesmo órgano, no plazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2019

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO

Apelidos e nome

NRP

Subgrupo

Corpo/escala

Denominación

Código

Nivel

Dependencia

Localidade

Franco Martínez, Manuel María

7635798213 A2059

C2

Auxiliar da Administración xeral da Xunta de Galicia

Secretario/a do/a conselleiro/a

MA.C01.00.000.15770.003

20

Gabinete conselleiro

Santiago de Compostela

López Sánchez, Nieves

3282687215 A2060

A1

Superior de Administración xeral da Xunta e Galicia

Vicesecretario/a xeral

MA.C02.00.001.15770.001

30

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

Martín Azpiazu, María Asunción

3225953735 A2060

A1

Superior da Administración xeral da Xunta de Galicia

Subdirector/a xeral de Réxime Xurídico, Coordinación Administrativa e Planificación

MA.C02.00.002.15770.001

30

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

Sanmartín Vázquez, María Cristina

3488472057 A2060

A1

Superior da Administración xeral da Xunta de Galicia

Subdirector/a xeral de Contratación e do Patrimonio

MA.C02.00.004.15770.001

30

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

Pita Baleato, María Inmaculada

3329962524 A1146

C2

Xeral auxiliar do Estado

Secretario/a do/da director/a xeral

MA.C04.00.000.15770.003

18

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Santiago de Compostela

Gómez Apesteguía, Juan

0181122646 A2067

A1

Facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de veterinarios

Subdirector/a xeral de Espazos Naturais

MA.C04.00.001.15770.002

30

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Santiago de Compostela