Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2019 Páx. 4944

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ORDE do 4 de xaneiro de 2019 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na entidade pública empresarial Augas de Galicia, anunciada pola Orde do 30 de outubro de 2018.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na entidade pública empresarial Augas de Galicia, mediante a Orde do 30 de outubro de 2018 (Diario Oficial de Galicia núm. 223, do 22 de novembro de 2018), de conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (Diario Oficial de Galicia núm. 82, do 4 de maio), e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro

Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na entidade pública empresarial Augas de Galicia, anunciada pola Orde do 30 de outubro de 2018 (Diario Oficial de Galicia nº 223, do 22 de novembro).

Segundo

Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e seleccionar o/a funcionario/a que se relaciona no anexo desta orde.

Terceiro

O cesamento no destino actual do/da funcionario/a que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberase computar desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, a toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, fosen concedidos ao/á interesado/a. Nos supostos de baixa por incapacidade temporal iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto

A xefatura do centro en que cause baixa o/a funcionario/a, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2019

Ethel Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO

Apelidos e nome: García-Rodeja Gayoso, María Pilar.

NRP: ****530035 A2060

Grupo: A1.

Corpo/escala: corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Código do posto: MA.A01.00.000.15770.001.

Denominación do posto: secretario/a xeral.

Dependencia: Secretaría Xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nivel: 30.