Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Xoves, 24 de xaneiro de 2019 Páx. 4578

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo

EDICTO (629/2017).

Ana Rodríguez Puga, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo, por este edicto, anuncio que neste xulgado se ditou sentenza, cuxo encabezamento e decisión é o seguinte:

«Lugo, 14 de marzo de 2018

Vistos por min, Alberto Benéitez Antón, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 1 dos de Lugo, os autos de procedemento matrimonial contencioso número 629/2017, sobre divorcio, promovidos por María Luisa Núñez Cansino, representada pola procuradora Sra. Fernández Varela-Villamor e asistida polo letrado Sr. Balado Teijeiro, contra Ramón Pérez Muíña, en rebeldía procesual, en virtude das funcións conferidas pola Constitución e en nome do Rey dito esta sentenza:

Decido.

Que debendo estimar e estimando parcialmente a demanda interposta por María Luisa Núñez Cansino contra Ramón Pérez Muiña:

1º. Decreto a disolución por causa de divorcio do matrimonio contraído polas partes o día 7.12.2003, cos efectos xerais legalmente previstos, indicados no fundamento xurídico segundo, parágrafo 1º, desta sentenza.

2º. Así mesmo, e como medidas reguladoras das consecuencias familiares do divorcio decretado, aprobo as seguintes:

– Primeira.

Atribúese a Luisa a garda e custodia das fillas menores de idade do matrimonio, sen prexuízo da titularidade conxunta da patria potestade por ambos os proxenitores.

– Segunda.

a) Ramón visitará e terá na súa compañía as fillas o sábado e o domingo de fins de semana alternas, das 10.00 ás 20.00 horas de cada xornada, e comezará polo segundo seguinte á notificación desta sentenza a ambas as partes.

b) As entregas e restitucións das menores ao comezo e final de cada visita diaria efectuaranse á hora correspondente no domicilio das menores.

c) Tales visitas non terán lugar, en canto nestes períodos medien fins de semana, durante unha das metades de cada período de vacacións escolares de Nadal e Semana Santa, computadas na súa totalidade desde o primeiro ata o último día non lectivo, ambos inclusive, nin durante un dos meses completos das vacacións estivais, xullo ou agosto, e producirase tal suspensión, en defecto de acordo entre os proxenitores, nas primeiras metades de Nadal e Semana Santa e mes de xullo das vacacións estivais finais dos cursos académicos iniciados en ano impar, e nas segundas metades e mes de agosto dos comezados en ano par.

– Terceira.

Atribúo o uso da vivenda familiar, sita en r/ Xoana de Castro, número 1, piso 2º-A, desta cidade de Lugo, e do seu enxoval, a Ramón.

– Cuarta.

Como contribución aos alimentos das fillas en común, Ramón aboará os seguintes conceptos e cantidades:

a) Douscentos euros (200 €) mensuais para cada unha delas en concepto de achega ás súas necesidades alimenticias ordinarias.

b) Un corenta por cento (40 %) do importe dos seus gastos alimenticios extraordinarios, segundo a definición destes que se indica no fundamento xurídico terceiro, alínea c), último parágrafo, desta sentenza.

As pensións sinaladas no punto A faranse efectivas nos cinco primeiros días da mensualidade correspondente e o seu importe actualizarase con efectos a cada mes de marzo, inclusive, conforme a variación experimentada polo IPC nacional ao longo dos doce meses anteriores. Tanto estas como as achegas do punto B faranse efectivas na conta bancaria que designe para o efecto Luisa nos cinco días seguintes a que se lle notifique a ela esta sentenza.

– Quinta.

Non se establece ninguna pensión compensatoria a favor de ningún dos divorciados.

3º. Declaro non haber lugar a facer especial imposición das costas procesuais a ningunha das partes.

Firme que sexa esta resolución, de ser o caso, comuníquese aos rexistros civís correspondentes para os efectos rexistrales oportunos.

Modo de impugnación. Mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Lugo, no tempo e forma previstos no artigo 458 Lei de axuizamento civil (LAC).

Así por esta a miña sentenza pronúncioa, mándoa e asínoa».

E atopándose o devandito demandado, Ramón Pérez Muíña, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto a fin de que sirva de notificación en forma, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 2 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza