No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 10, do 15 de xaneiro de 2019, publicáronse as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para o acceso a diversas prazas vacantes no Concello de Pontevedra incluídas na OEP do ano 2017.
O concelleiro responsable da Área de Persoal, Réxime Interior e Patrimonio convocou, mediante Resolución do 20 de decembro de 2018, os procesos selectivos para a cobertura, pola quenda libre, de diversas prazas vacantes no Concello de Pontevedra incluídas na oferta de emprego público do ano 2017, que a seguir se sinalan:
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de Administración xeral, subescala administrativa. Número de vacantes: 3. Denominación: administrativo/a.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración xeral, subescala auxiliar. Número de vacantes: 1. Denominación: auxiliar.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: Agrupación profesional. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 8. Denominación: operario/a.
O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín oficial del Estado e os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de editos da Corporación nos termos establecidos nas bases.
Pontevedra, 15 de xaneiro de 2019
O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta Goberno Local do 21.4.2017)
Vicente Legísima García
Concelleiro de goberno responsable da Área de Persoal