Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2019 Páx. 4128

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de convocatoria para prover varias prazas pola quenda de promoción interna (OEP 2017).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) núm. 10, do 15 de xaneiro de 2019, publicáronse as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para o acceso a diversas prazas vacantes no Concello de Pontevedra incluídas na OEP do ano 2017.

O concelleiro responsable da Área de Persoal, Réxime Interior e Patrimonio convocou, mediante Resolución do 20 de decembro de 2018, os procesos selectivos para a cobertura, pola promoción interna, de diversas prazas vacantes no Concello de Pontevedra incluídas na oferta de emprego público do ano 2017, que a seguir se sinalan:

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de Administración xeral, subescala administrativa. Número de vacantes: 4. Denominación: administrativo/a.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración xeral, subescala auxiliar. Número de vacantes: 2. Denominación: auxiliar.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: S. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase cometidos especiais. Número de vacantes: 1. Denominación: técnico/a en conservación e mantemento de semáforos.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 1. Denominación: mestre/a electricista.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 2. Denominación: oficial electricista.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 2. Denominación: oficial de obras.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 1. Denominación: sepultureiro/a.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 1. Denominación: condutor/a mecánico/a.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, e os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da corporación nos termos establecidos nas bases.

Pontevedra, 15 de xaneiro de 2019

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta Goberno Local do 21.4.2017)
Vicente Legísima García
Concelleiro de goberno responsable da Área de Persoal