Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2019 Páx. 4127

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 7 de xaneiro de 2018 pola que se notifica orde de retirada de tres moldes para a construción de cascos de embarcacións depositadas sen autorización no porto de Rianxo (A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a José Losada Fachado con DNI ****2978, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, orde da Dirección de Portos de Galicia de retirada de tres moldes para a construción de cascos de embarcacións depositados sen autorización e en estado de abandono no porto de Rianxo, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último domicilio coñecido.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que, a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A presente orde emítese pola Dirección de Portos de Galicia segundo as competencias conferidas polo artigo 15.3.a) da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e ao abeiro do previsto no artigo 129.4 da citada lei.

Os moldes deberán ser retirados nun prazo máximo de dez (10) días contado desde a publicación desta cédula.

No caso de incumprimento, Portos de Galicia procederá a efectuar a retirada e o traslado dos citados efectos de maneira forzosa e por conta do propietario, ao que se lle incoará procedemento administrativo sancionador.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2019

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia