Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2019 Páx. 4131

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de subscrición de convenio urbanístico.

Con data do 2 de novembro de 2018 subscribiuse convenio urbanístico de planeamento e xestión urbanística entre a alcaldesa do Concello do Porriño, Eva García de la Torre, e José Novas Barros, en representación da entidade Garaje Dacosta, Sociedad Cooperativa Gallega, para a tramitación dunha modificación denominada modificación puntual P.253 do polígono A Granxa.

De conformidade co disposto no artigo 168.1 da Lei 2/2017, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de edictos do concello e nun dos xornais de maior difusión da provincia.

O que se fai público para os efectos do sometemento do expediente a información pública polo prazo dun mes.

O Porriño, 19 de decembro de 2018

Eva García de la Torre
Alcaldesa