Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Luns, 21 de xaneiro de 2019 Páx. 3878

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 414/2018).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento con número DSP 414/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marina Josefa Fernández Rodríguez contra José Luis Robledo Álvarez, sobre despedimento, foi ditada a sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Que, estimando a demanda formulada por Marina Josefa Fernández Rodríguez, contra a empresa José Luis Robledo Álvarez declaro improcedente o despedimento da demandante con efectos do 23 de marzo de 2018, e condeno a demandada, a que, no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte entre readmitir a demandante no seu posto de traballo ou indemnizala pola extinción da relación laboral coa cantidade de 220,02 euros, sen salarios de tramitación, e debe pór en coñecemento do xulgado no prazo devandito se optan ou non pola readmisión. En caso que se opte pola readmisión, a traballadora terá dereito aos salarios de tramitación a razón de 16 euros diarios.

Así mesmo, condeno a demandada ao aboamento da cantidade de 632,58 euros por salarios correspondentes á nómina de marzo de 2018 e parte proporcional de vacacións cos xuros moratorios do artigo 29 do ET.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor, ante este xulgado, recurso de suplicación que resolverá a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O recurso de suplicación deberá anunciarse ante este xulgado, por escrito ou comparecencia, dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentenza.

Ao anunciar o recurso deberase xuntar o documento que acredite o ingreso de 300 euros como depósito para recorrer no Banco de Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento número 2322-0000-65-0414-18, baixo apercibimento de non dar trámite ao recurso, salvo que o recorrente sexa traballador, habente causa dun deles, beneficiario do réxime público da Seguridade Social, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes deles, sindicato ou beneficiario do dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Ademais, cando a sentenza condene ao pagamento de cantidade, o recorrente que non goce do beneficio de xustiza gratuíta deberá acreditar, no momento de anunciar o recurso, consignar no Banco de Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento 2322-0000-60-0414-18, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval solidario de duración indefinida e pagadoiro a primeiro requirimento emitido por entidade de crédito.

No caso de que algún dos anteriores ingresos se verifique mediante transferencia bancaria, esta deberá dirixirse á conta ES 55 0049 3569 92 0005001274, facendo constar como beneficiario “Xulgado do Social número 1 de Lugo” e como “concepto” o número de conta correspondente ao presente procedemento que proceda dos dous mencionados nos dous parágrafos que anteceden.

Advírtese, ademais, ás partes que deberán facer constar nos escritos de interposición do recurso e de impugnación, se for o caso, un domicilio na sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para efectos de notificacións, dando cumprimento ao disposto no artigo 198 da Lei reguladora da xurisdición social.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, da cal se levará testemuño aos autos».

E para que sirva de notificación en forma a José Luis Robledo Álvarez, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 18 de decembro de 2018

O letrado da Administración de xustiza