Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Luns, 21 de xaneiro de 2019 Páx. 3880

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 112/2017).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 112/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Belén del Oro Cores contra a empresa Luis Miguélez Vázquez, Hermanos Miguélez, C.B. e María del Rocío Mollinedo Casas, sobre despedimento, se ditou o Decreto do 17 de decembro de 2017, impugnable en revisión no prazo de tres días, o cal está á súa disposición na sede do xulgado.

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Luis Miguélez Vázquez e Hermanos Miguélez, C.B., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 17 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza