Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Luns, 21 de xaneiro de 2019 Páx. 3881

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 885/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 885/2017 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Fernando Rodríguez García contra a empresa Centro Óptico Praza Galicia, S.L., sobre ordinario, foi ditada a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é do seguinte teor literal:

««PO procedemento ordinario 885/2017.

Procedemento orixe: /

Sobre: ordinario.

Demandantes: Fernando Rodríguez García.

Avogado: José Daniel Pérez López.

Demandada: Centro Óptico Plaza Galicia, S.L.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Sentenza número 451/2018.

A Coruña, 20 de novembro de 2018.

Fallo.

Estimo a demanda formulada por Fernando Rodríguez García contra Centro Óptico Plaza Galicia, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboar ao primeiro a suma de 1.295,20 euros brutos en concepto de débeda salarial polas diferenzas entre o aboado e o que se debía percibir por complemento de IT referidas no feito terceira da demanda, así como o xuro do artigo 29.3 do ET.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Centro Óptico Plaza de Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza