Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Luns, 21 de xaneiro de 2019 Páx. 3883

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 694/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 694/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julio Moreira Souto contra Edificaciones Buño, S.L., en que é parte o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade nº 694/2016

Demandante: Julio Moreira Souto

Letrado: Sr. Massa Rey

Demandada: Edificaciones Buño, S.L.

Letrado:

Fogasa.

Letrado:

Sentenza nº 469/2018

A Coruña, 27 de novembro de 2018.

Resolvo:

– Estimo a demanda formulada por Julio Moreira Souto contra Edificaciones Buño, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboarlle ao primeiro a suma de 7.438,75 euros brutos en concepto de débeda salarial e vacacións non desfrutadas referidos no feito cuarto da demanda, así como o xuro do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET). O Fogasa deberase ater ao resolto nesta resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo de cinco (5) días desde a notificación desta resolución.

Así o pronuncio, mando e asino.

Asinada. Javier López Cotelo.

Publicada.

Asinado. Marta Yanguas del Valle».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Edificaciones Buño, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza