Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Luns, 21 de xaneiro de 2019 Páx. 3885

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 368/2016).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 368/2016 deste xulgado do social, seguido contra Electro Sanxurxo, S.L., Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezamento e ditame é do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 477/18.

A Coruña, 28 de novembro de 2018.

Decisión:

Estimo a demanda formulada por Diego Sánchez Fontecoba fronte a Electro Sanxurxo, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta a aboar ao primeiro a suma de 6.584,91 euros brutos en concepto de débeda salarial por salarios debidos así como o xuro do artigo 29.3 do ET.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela cabe recurso de suplicación que deberá de ser anunciado no prazo de 5 días contados desde a notificación desta sentenza.

Así, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Electro Sanxurxo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza