Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2019 Páx. 3351

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2019 pola que se nomea persoal funcionario de carreira da escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, subgrupo C1, en virtude de probas selectivas pola quenda de acceso libre.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas mediante a Resolución reitoral do 7 de abril de 2017 (Diario Oficial de Galicia do 24 de abril), para o ingreso na escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, subgrupo C1, da USC, pola quenda de acceso libre, e unha vez comprobado que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, de conformidade co disposto no artigo 87.j) dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta efectuada polo tribunal cualificador e nomear persoal funcionario de carreira da escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, subgrupo C1, da USC as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas as cales se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. De conformidade co disposto no artigo 13 do Real decreto 598/1985, do 30 de abril, e no artigo 10 da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal obxecto deste nomeamento, para tomaren posesión deberán realizar a declaración a que se refire o primeiro dos preceptos citados ou a opción ou solicitude de compatibilidade no artigo 10 da Lei 53/1984.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o dito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2019

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos da
Universidade de Santiago de Compostela

Quenda de acceso libre:

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

1

*****014Z

Pérez López, Ana María

2

*****266M

Rodríguez López, Carlos María

3

*****423K

Gómez Fuentes, María Montserrat

4

*****995F

García Ríos, Eva María

5

*****783Y

Lojo López, Alba

6

*****245G

Rodríguez Costas, Hipólito