Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2019 Páx. 3353

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de resolución (RSU 1349/2018 IP).

RCUD 332/2018 IP

Tipo e número de recurso: RSU recurso suplicación 1349/2018

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 48/2015 Xulgado do Social número 4 de Vigo

Recorrentes: David Fernández Grande, S.L., Enrique Varela Redondo

Avogado/a: Alfredo Briales Porcioles, Rosa María Tarrago Nesta

Recorridos: Fogasa, Reale Seguros Generales, S.A., Canteras Vilafría, S.L., Ministerio Fiscal, Graniatios, S.L., Caser Seguros Caser Seguros Reunidos, S.A.

Avogado/a: letrado de Fogasa, Carlos Alberto González-Novo Martínez, Emilio la Cuesta Mediero, Emilio la Cuesta Mediero, Yanay Gallego Fernández, Francisco Antonio Concheiro Teijido, José Luis Brea Sanmartín, Manuel Zorrilla Riveiro, Emilio la Cuesta Mediero

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1349/2018 desta sección, seguido por instancia de Enrique Varela Redondo contra o Fogasa, Reale Seguros Generales, S.A., Canteras Vilafría, S.L., Ministerio Fiscal, Graniatios, S.L., Caser Seguros Caser Seguros Reunidos, S.A., Asefa, S.A. Seguros y Reaseguros, Canteras González y Morais, S.L., Allianz Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Gravamir, S.L., Mapfre España, S.A., Cortes de Hormigón de Galicia, S.L., Extracciones Gragonfer, S.L., Extracciones Gramorper, S.L., Cabaleiro Nogueira, S.L. sobre outros dereitos. seg. social, foi ditada a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza María Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 12 de decembro de 2018.

O anterior escrito presentado polo letrado Emilio de la Cuesta Mediero en nome e representación da empresa Cabaleiro Nogueira e Fernández, únese ao recurso da súa razón. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédese á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso ante esta sala, facéndolle saber que os autos se achan ao seu dispor na oficina xudicial para a súa entrega ou exame, se o considera necesario.

Tense por feito o depósito de 600 € para recorrer e o aval bancario por importe de 52.000 €, cuxo orixinal quedará nesta secretaría e do cal se expedirá testemuño para a súa unión á peza.

Expídase testemuño da sentenza citada como de contraste que se unirá á peza separada do RCUD unha vez que se presente o escrito de interposición.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún, sen prexuízo de que a parte recorrida se poida opor á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

Letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Extracciones Gramorper, S.L., Canteras González y Morais, S.L., Extracciones Gragonfer, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza