Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2019 Páx. 3349

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2018 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 3 de agosto de 2018 (publicado no BOE do 7 de setembro, por Resolución do secretario xeral de universidades do 29 de agosto).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial do máster universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión pola Universidade da Coruña, a Universidad de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2018

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Máster universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo

Código RUCT: 4316672.

Rama de coñecemento: Ciencias.

Universidades participantes: Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo.

Modalidade de impartición: presencial.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

36

Optativas

33

Prácticas externas OB

12

Traballo fin de máster

9

Créditos totais

90

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Curso

Módulo

Coñecementos básicos de SIX (Sistemas de información xeográfica)

OB

6

1º C

Módulo instrumental

Taller de técnicas básicas de mostraxe

OB

6

1º C

Técnicas de estudo do medio físico

OB

3

1º C

Técnicas de seguimento e análise de poboacións

OB

3

1º C

Tratamentos de datos aplicados ao medio natural

OB

3

1º C

Seguridade e prevención de riscos no medio natural

OB

3

1º C

Aplicacións dos SIX ao medio ambiente

OP

3

1º C

Estatística aplicada

OP

3

1º C

Técnicas moleculares aplicadas á caracterización da biodiversidade

OP

3

1º C

Bases da biodiversidade: orixe, medida e patróns

OB

6

1º C

Caracterización da biodiversidade

Caracterización e tipificación de hábitats

OB

3

1º C

Caracterización de ecosistemas terrestres

OP

3

1º C

Caracterización de ecosistemas de augas continentais

OP

3

1º C

Identificación e censo de invertebrados

OP

3

1º C

Bioloxía e métodos de estudo de vertebrados

OP

3

1º C

Identificación e inventariación de plantas e fungos

OP

3

1º C

Xeodiversidade

OP

3

1º C

Bioloxía da conservación

OB

3

1º C

Conservación, manexo e restauración da biodiversidade

Calidade de solos

OP

3

1º C

Conservación e restauración de ecosistemas terrestres

OP

3

2º C

Conservación e restauración de ecosistemas acuáticos

OP

3

2º C

Fauna ameazada

OP

3

1º C

Flora ameazada

OP

3

1º C

Invasións biolóxicas

OP

3

1º C

Avaliación de impacto ambiental

OP

3

2º C

Xestión da biodiversidade

Xestión e planificación de espazos naturais protexidos

OP

3

1º C

Cambio global

OP

3

1º C

Aspectos socioeconómicos da biodiversidade

OP

3

2º C

Dereito ambiental

OP

3

1º C

Emprendemento e innovación

OP

3

2º C

Comunicación e educación ambiental

OP

3

2º C

Traballo fin de máster

OB

9

2º C

Traballo fin de máster e prácticas externas

Prácticas externas

OB

12

2º C