Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2019 Páx. 2352

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Pontevedra

EDICTO (758/2017).

Eu, María Pilar Millán Mon, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de xuízo verbal número 758/2017 seguido por instancia de Comunidade Propietarios Nuestra Señora de la Esperanza fronte a herdeiros de Lourdes Reboiras Torrado ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza 32/2018

Pontevedra, 28 de marzo de 2018

Vistos por min, Mª del Carmen Novoa Santás, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 da cidade de Pontevedra, os autos de xuízo verbal seguidos co número 758/2017, en virtude de demanda interposta pola procuradora Sra. Fernández Názar, en nome e representación da Comunidade de Propietarios Nuestra Señora da Esperanza, asistida polo letrado Sr. Dobarro Buitrago, fronte aos herdeiros de Lourdes Reboiras Torrado, en situación de rebeldía procesual, e sobre acción de reclamación de cotas da comunidade.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta pola procuradora Sra. Fernández Názar en nome e representación da Comunidade de Propietarios Nuestra Señora de la Esperanza, e condeno a demandada, herdeiros de Lourdes Reboiras Torrado, a aboar á demandante a suma de 4.892,30 euros, xuros legais e custas.

Así por esta sentenza, que non é firme e contra a que poderá interpoñerse recurso de apelación ante este mesmo xulgado no prazo de vinte días, logo de constitución de depósito na forma e contía prevista na Lei 1/2009, do 3 de novembro, mándao e asínao Mª del Carmen Novoa Santás, maxistrada xuíza de Primeira Instancia deste xulgado. Dou fe».

E atopándose a dita demandada, herdeiros de Lourdes Reboiras Torrado, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 16 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza