Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2019 Páx. 2350

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (682/2014).

Eu, Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fago saber:

«Sentenza número 635/15.

Maxistrada xuíza: Laura Guede Galego.

En Ourense o 14 de maio de 2015.

Vistos os presentes autos número 682/2014 sobre divorcio promovidos pola procuradora Sra. Lozano, en nome e representación de Julia Deisy Justiniano Roca como demandante, asistida pola letrada Sra. Carballo, fronte a David Vaca Taborga, que foi declarado rebelde, con intervención do ministerio Fiscal.

Resolución:

Acordo a disolución do matrimonio formado por Julia Deisy Justiniano Roca e David Vaca Taborga con todos os efectos legais inherentes á devandita disolución. Acórdanse como medidas definitivas:

a) Atribúese a garda e custodia do menor N.J. á demandante.

b) Atribúese o exercicio exclusivo da patria potestade á nai.

c) Suspéndese o réxime de visitas que David Vaca Taborga puidese ter co seu fillo.

d) Non se establece pensión de alimentos.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpoñer, no prazo de 20 días, recurso de apelación (artigo 457 e ss. da LAC) ante este tribunal, para o que se debe constituír o depósito legalmente establecido.

E unha vez firme esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no Rexistro Civil Central, onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.

Así o acorda, manda e asina a súa señoría. Dou fe».

Que en virtude do acordado nos autos de referencia e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, polo presente notifícase a David Vaca Taborga a sentenza de 14.5.2015, por atoparse en ignorado paradoiro.

Ourense, 4 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza