Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2019 Páx. 2353

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (487/2018).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que neste xulgado do social se ditou resolución o 10 de decembro de 2018, dirixida a Restaurante Casa Basca, S.L., contra a que se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber igualmente que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que sirva de notificación en legal forma a Restaurante Casa Basca, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de decembro de 2018

María Blanco Aquino
Letrada da Administración de xustiza