Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2019 Páx. 2126

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta, do 13 de decembro de 2018, polo que se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade cun dereito mineiro e a prevalencia sobre diversos aproveitamentos forestais do parque eólico Monciro, situado nos concellos de Castroverde e Pol (Lugo) e promovido pola sociedade Gas Natural Fenosa Renovables, S.L.U. (expediente 118-EOL).

En cumprimento do disposto no artigo 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, faise público o Acordo do Consello da Xunta, do 13 de decembro de 2018, polo que se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade cun dereito mineiro e a prevalencia sobre diversos aproveitamentos forestais do parque eólico Monciro, situado nos concellos de Castroverde e Pol (Lugo) e promovido pola sociedade Gas Natural Fenosa Renovables, S.L.U. (expediente 118-EOL).

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta, do 13 de decembro de 2018, polo que se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade cun dereito mineiro e a prevalencia sobre diversos aproveitamentos forestais do parque eólico Monciro, situado nos concellos de Castroverde e Pol (Lugo) e promovido pola sociedade Gas Natural Fenosa Renovables, S.L.U. (expediente 118-EOL)

Examinado o expediente instruído por solicitude de Gas Natural Fenosa Renovables, S.L.U. (en diante, o promotor) en relación coa declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico Monciro (en adiante o parque eólico), constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante a Resolución do 30 de abril de 2010, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se publica a relación de solicitudes de outorgamento de autorización administrativa de instalación de parques eólicos para promotores titulares de plans eólicos empresariais, admitiuse a trámite o parque eólico, cunha potencia de 41 MW promovido por Total Fina (Eólica Galaico Asturiana, S.A.).

Segundo. O 26.7.2010 Eólica Galaico Asturiana, S.A. presentou a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, declaración de impacto ambiental, aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e recoñecemento de instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica das instalacións do parque eólico.

Terceiro. O 1.3.2012 o promotor presentou o estudo de impacto ambiental ademais da documentación técnica actualizada, solicitando a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, a declaración de impacto ambiental, a declaración de utilidade pública, en concreto, a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o recoñecemento de instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica das instalacións do parque eólico. Dentro da documentación presentada, o promotor comunica a fusión por absorción de Total Fina (Eólica Galaico Asturiana, S.A.) por parte de Gas Natural Fenosa Renovables, S.L.U.

Cuarto. O 29.5.2012 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, tomou razón da operación de fusión por absorción entre Gas Natural Fenosa Renovables, SLU e Eólica Galaico Asturiana, S.A.

Quinto. O 16.12.2015 o promotor presentou unha modificación da solicitude do 1.3.2012 para a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, a declaración de impacto ambiental, a declaración de utilidade pública, en concreto, a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das instalacións do parque eólico.

Sexto. Pola Resolución do 23 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo (en diante, a xefatura territorial), someteuse a información pública para autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, declaración de utilidade pública, en concreto, e aprobación do seu estudo de impacto ambiental e do correspondente proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, as instalacións relativas ao modificado II do parque eólico.

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 13.2.2017, no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 25.1.2017 e no xornal El Progreso do 20.1.2017. Así mesmo, permaneceu exposta ao público no taboleiro de anuncios da xefatura territorial, da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e dos concellos afectados de Castroverde e Pol.

A continuación resúmese o contido das alegacións presentadas durante o período de información pública:

– Existencia de erros na relación de bens e dereitos afectados (RBDA), maioritariamente en relación coa titularidade das parcelas, coas superficies afectadas, coa clasificación do solo, co tipo de aproveitamento, cos enderezos aos efectos de notificacións, etc.

– Solicítase a modificación do trazado do camiño cara o aeroxerador A14 para evitar a afección a un muro histórico, considerado como ben de interese cultural non catalogado, existindo cara o leste un camiño que permitiría dar servizo durante a construción e posterior mantemento das instalacións do parque eólico, sen afectar o mencionado muro.

– Maniféstase a imposibilidade de continuar co aproveitamento forestal, único uso economicamente rendible, como consecuencia da futura cualificación dos terreos como de especial protección de infraestruturas, o que supón ademais unha diminución no valor das parcelas afectadas.

– Alégase que non se incluíu na RBDA a afección por protección eólica, tendo en conta que no proxecto sectorial defínese como superficie afectada a correspondente a un radio de 200 metros en torno a cada aeroxerador. Solicítase que estas superficies afectadas pola nova cualificación urbanística se inclúan na RBDA.

– Algunhas das persoas alegantes solicitan planos nos cales se reflicta con exactitude as afeccións sobre as súas parcelas.

– Solicítase que os terreos correspondentes ás plataformas dos aeroxeradores non sexan expropiados en réxime de pleno dominio.

– Maniféstase a escasa distancia do aeroxerador A4 á estrada local que une Suegos con Cirio e Xerbolés o que supón un risco para o paso de vehículos e de persoas.

– Oposición á declaración de utilidade pública.

– Solicítase a traza sobre o terreo das superficies afectadas.

– Maniféstase que a declaración de utilidade pública deberá ser posterior a autorización administrativa do correspondente proxecto sectorial.

– Maniféstase o perigo que supoñen os aeroxeradores para a realización dos labores de aproveitamento por parte dos propietarios dos terreos por posible abatemento dos aeroxeradores, lanzamento de xeo, risco de electrocución, etc. Así mesmo, manifestan afeccións ambientais tales como o impacto visual, contaminación acústica e electromagnética, contaminación dos acuíferos, afeccións sobre a fauna, mortaldade de aves e sobre o aproveitamento cinexético.

– A Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza-Lugo e Ricardo Gómez Polín e outros 12 máis achegaron alegacións separadas cun contido similar, nas cales manifestan o seguinte:

• Existencia de patrimonio hidrolóxico, vexetal, animal, etnolóxico, monumental e arqueolóxico na zona do parque eólico, e a necesidade da súa protección mediante o desprazamento das infraestruturas do parque eólico. En concreto, en varias das alegacións ponse de manifesto o impacto que xerarían as instalacións do parque eólico sobre as zonas húmidas (Lagoas), ou sobre os puntos de interese patrimonial e ambiental. Así mesmo, poñen de manifesto a necesidade dun maior rigor no estudo de impacto ambiental.

• Desconformidade coa cualificación da zona de protección eólica como de solo rústico de especial protección de infraestruturas, por ser moi superior á superficie de voo que figura na RBDA e por afectar elementos do patrimonio cultural e natural.

• Solicitan que no caso de ter que afectar plantacións autóctonas, estas se restitúan por conta da superficie destinada a especies foráneas de eucalipto ou piñeiro.

• Solicitan que se realice o oportuno traballo de campo e investigación arqueolóxica tendente a localizar e catalogar a totalidade dos restos arqueolóxicos detectados no alto da Serra do Monciro.

• Solicitan que se teña en conta na avaliación ambiental a proximidade á futura ampliación da Rede Natura.

• Solicitan a catalogación previa de todas as fontes naturais radicadas na Serra do Monciro e territorio afectado polas obras do parque eólico, protexendo esta riqueza hidrolóxica de toda interferencia urbanística e ambiental.

• En relación cos accesos e vías internas solicitan a realización previa do pertinente estudo arqueolóxico, a racionalización da distribución das vías de comunicación baseada no aproveitamento das existentes, evitar unha pendente superior ao 10 % en pistas novas así como un control rigoroso no seu deseño para evitar interferencias co curso continuo ou descontinuo das augas, que se recolla a reserva de pasos naturais que faciliten a comunicación segura da fauna silvestre e que as vías de comunicación se afasten o máximo posible de contorna da Lagoa Grande e mais da Pequena.

• Solicitan que o parque eólico se dote da ultima tecnoloxía tendente a evitar a morte de aves e morcegos, logo de estudo de detalle sobre as súas especies e as medidas correctoras máis apropiadas, e que o traballo de campo e análise da fauna se faga extensivo e co suficiente rigor ás distintas especies de anfibios.

• En relación coa rede de evacuación de electricidade, solicitan que se incorpore esta ao estudo de impacto ambiental e se efectúe o oportuno estudo de exposición, e que non se dea trámite ao dito estudo mentres non se resolvan estas carencias.

• Solicitan que se elimine o camiño forestal que estrangula a área de expansión da Lagoa Grande e que se afaste a pista forestal apegada á Lagoa Pequena ou do Medio, recuperando o dito espazo natural como parte intrínseca do propio humidal.

• Finalmente solicitan a recolocación dos aeroxeradores A9-A10-A11-A16 e A19 e da subestación proxectada e da zona de abastecemento, que se rexeite o estudo de impacto ambiental en tanto non se resolvan os aspectos substanciais manifestados e que se analicen e se teñan en consideración as restantes alegacións.

Sétimo. O 21.4.2017, o 29.4.2017 e o 2.5.2017, Normandía González López, en representación de José Gandoy González, José María Díaz Varela e Arcadio Pérez Vázquez, respectivamente, presentaron cadanseu escrito de alegacións.

Oitavo. O 24.5.2017 a xefatura territorial informou que a poligonal do parque eólico se superpón coa delimitación do permiso de investigación da sección C Carla nº 5821, e a das solicitudes de permiso de investigación da sección C Luaces nº 6020 e Vilaboa nº 6021.

Noveno. O 13.11.2017 o promotor solicitou a declaración de interese especial para o parque eólico. O 21.12.2017, o Consello da Xunta de Galicia declarou o parque eólico Monciro como proxecto de interese especial (DOG núm. 26, do 6 de febreiro de 2018).

Décimo. O 3.1.2018, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe en relación co proxecto sectorial do parque eólico, de acordo co establecido no artigo 33.5 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

Décimo primeiro. O 4.4.2018, o promotor presentou a addenda número 2 ao proxecto de execución (Modificado nº 2 proxecto de execución parque eólico de Monciro adenda nº 2. Marzo 2018), en que se recolle o cambio do modelo de aeroxerador e unha redución no seu número (pasará de vinte aeroxeradores a doce). Así mesmo, o promotor achegou o modificado do proxecto sectorial.

Décimo segundo. O 24.5.2018, o promotor achegou a relación de bens e dereitos afectados (RBDA) actualizada en que se recollen as modificacións introducidas pola addenda número 2 do proxecto de execución. Posteriormente, o 4.6.2018 o promotor achegou documentación complementaria relativa á mencionada RBDA.

Décimo terceiro. Mediante escritos do 8.6.2018, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas, notificoulle ás persoas interesadas as modificacións introducidas na relación de bens e dereitos afectados. En relación con estas notificacións, recibíronse as alegacións indicadas no punto 2 do anexo deste acordo.

Para aqueles casos nos cales non foi posible efectuar a notificación, o 7.11.2018 e o 14.11.2018 publicouse o correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, respectivamente, co fin de realizar a notificación por comparecencia. Transcorrido o prazo establecido no dito anuncio non compareceu ningún interesado.

Décimo cuarto. Mediante oficios do 20.6.2018, e de acordo co disposto no artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas efectuou o trámite de audiencia ás Comunidade titulares dos Montes Veciñais de Monciro e de Monciro, Fidalgueiros e Espiñeiros. No prazo outorgado para o efecto non se recibiu ningunha alegación.

Décimo quinto. O 3.7.2018 a xefatura territorial informou que as modificacións introducidas no proxecto do parque eólico non afectan máis dereitos mineiros que os reflectidos no informe da dita xefatura do 24.5.2017.

Décimo sexto. O 16.7.2018 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas, de acordo co disposto no artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, efectuou o trámite de audiencia á sociedade Canteras Industriales del Bierzo, S.A., titular do permiso de investigación da sección C Carla nº 5821. No prazo outorgado para o efecto non se recibiu ningunha alegación.

Décimo sétimo. O 17.7.2018 a Dirección Xeral de Ordenación Forestal emitiu informe sobre os aproveitamentos forestais afectados polo parque eólico (MVMC de Monciro, MVMC de Monciro, Fidalgueiros e Espiñeiros, Convenio 2717008 de Suegos e Convenio 2717013 Cirio e Xerbolés). O 30.7.2018, unha vez efectuado o trámite de audiencia indicado no antecedente de feito décimo cuarto, a dita dirección xeral emitiu o informe previsto no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Décimo oitavo. O 20.7.2018, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático formulou a declaración de impacto ambiental (DIA) relativa ao parque eólico, que se fixo pública por Resolución do 24 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG núm. 219, do 16 de novembro).

Décimo noveno. Pola Resolución do 3 de agosto de 2018, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas outorgou as autorizacións administrativas previa e de construción ao parque eólico (DOG núm. 201, do 22 de outubro).

Vixésimo. O 3.8.2018, o promotor solicitou o recoñecemento como non substancial dunha modificación do proxecto do parque eólico, consistente no incremento da potencia nominal unitaria da totalidade dos aeroxeradores (de 3.300 kW a 3.465 kW), permanecendo inalteradas as demais características técnicas das instalacións.

Vixésimo primeiro. O 3.8.2018, José Manuel López Tellado, Félix Rubiños Muíña e José Ramón Rielo García, que actúan na súa condición de membros do Consello de Administración da sociedade Sofor Monte Uceira Parroquia de Cirio, S.L., presentaron escrito no cal manifestan, en síntese, o seguinte:

– A sociedade constituíuse o 29.11.2017, e será o seu obxecto social, en esencia, a explotación e aproveitamento en común dos terreos forestais dos que fose cedido o seu uso á sociedade.

– Na mencionada data, estaba proxectado o parque eólico sobre algunhas das parcelas das que se cedeu o uso á sociedade, sendo coñecedores desta circunstancia todos os socios fundadores, así como de que xa se tiñan asinado acordos sobre estas parcelas para a instalación do parque eólico.

– Comprobouse que as afeccións eran servidumes sobre algunhas das parcelas que se cedían á Sofor, pero non pleno dominio (nin zapata nin plataforma), polo que a cesión por parte dos propietarios particulares para a instalación do parque eólico non era nin é incompatible coa posterior cesión dos terreos á Sofor nin coa viabilidade desta.

Estas servidumes permiten aos particulares seguir realizando determinados usos que non afecten a plena explotación do parque, entre eles a explotación de pasto, uso previsto expresamente no obxecto social da Sofor, polo que os particulares poderán continuar cedendo eses usos á sociedade.

– A Sofor debe redactar e aprobar un plan de ordenación, en cumprimento da Lei 7/2012 e no Decreto 45/2011, no cal haberá de preverse, na zona afectada polo parque eólico, un uso compatible con este e cos contratos asinados polos particulares en que deban, no seu momento, informar ao respecto ao órgano competente en industria.

– Solicitan finalmente que se ratifique a validez e vixencia dos contratos asinados polos titulares das parcelas afectadas polo parque e posteriormente cedidas á Sofor, sendo plenamente compatibles cos usos cedidos posteriormente á mercantil e a plena viabilidade para a inscrición da sociedade no rexistro correspondente da Administración forestal.

Vixésimo segundo. Pola Resolución do 22 de agosto de 2018, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas recoñeceu como non substancial a modificación solicitada polo promotor o 3.8.2018.

Coas modificacións introducidas, as características finais do proxecto son as seguintes:

Denominación: parque eólico Monciro.

Potencia instalada: 41,58 MW.

Produción neta anual estimada: 132.652 MWh/ano.

Concellos afectados: Castroverde e Pol (Lugo).

Orzamento de execución material: 33.277.311 euros.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

Vértice poligonal

Coordenadas UTM

(fuso 29 ETRS89)

X

Y

VA

630.875

4.773.786

VB

633.888

4.774.907

VC

634.347

4.773.235

VD

633.685

4.771.209

VE

636.875

4.765.786

VF

631.875

4.765.786

VG

631.875

4.770.786

Coordenadas das posicións dos aeroxeradores:

Aeroxerador

Coordenadas UTM

(fuso 29 ETRS89)

X

Y

A01

633.827

4.774.116

A02

633.281

4.773.898

A03

632.909

4.773.908

A04

632.377

4.773.606

A05

632.657

4.771.151

A06

633.127

4.771.066

A07

633.509

4.770.896

A08

633.495

4.770.426

A09

633.790

4.770.131

A10

633.782

4.769.866

A11

634.093

4.768.955

A12

634.249

4.768.677

Coordenadas da posición da torre meteorolóxica:

Torre

meteorolóxica

Coordenadas UTM
(fuso 29 ETRS89)

X

Y

1

633.582

4.769.233

Características técnicas das instalacións eléctricas de produción, interconexión e transformación:

– 12 aeroxeradores Gamesa G132 de 3.465 kW de potencia nominal unitaria de 114 m de fuste e 132 m de diámetro de rotor.

– 12 centros de transformación de 3.667 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 0,65/20 kV, Dyn11, instalados unitariamente no interior da torre de cada aeroxerador coa súa correspondente aparellaxe de manobra e protección.

– 1 torre meteorolóxica autoportante de 115 m de altura, equipada con anemómetros, cataventos, medidores de temperatura e de presión, e logger rexistrador.

– Liñas eléctricas soterradas de 20 kV de tensión nominal en canalización entubada, normalmente baixo vía ou ben en terreo libre, para a evacuación de enerxía xerada e interconectando os centros de transformación 0,65/20 kV e a subestación transformadora 132/20 kV.

– Subestación transformadora intemperie-interior, equipada con transformador de 55 MVA, relación de transformación 132/20 kV e conexión Dyn11, celas de media tensión 20 kV, transformador de servizos auxiliares de 160 kVA e relación 20/0,42-0,23 kV, aparellaxe de medida, protección, telemando e control.

Vixésimo terceiro. O 1.10.2018, o promotor achegou documentación aclaratoria sobre as afeccións do proxecto do parque eólico á sociedade de fomento forestal Sofor Monte Uceira Parroquia de Cirio, S.L.

Vixésimo cuarto. O 5.10.2018, o promotor achegou a relación de bens e dereitos afectados actualizada, en que se recollen as modificacións derivadas do axuste efectuado nun tramo de gabia entre a subestación transformadora e o aeroxerador A08, para dar cumprimento ao establecido no punto 3.3.2 da declaración de impacto ambiental emitida o 20.7.2018.

Vixésimo quinto. Mediante escritos do 17.10.2018, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas, notificou as persoas interesadas as modificacións introducidas na relación de bens e dereitos afectados. En relación con estas notificacións, non se recibiu ningunha alegación.

Para un caso en que non foi posible efectuar a notificación, o 21.11.2018 e o 24.11.2018 publicouse o correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, respectivamente, co fin de realizar a notificación por comparecencia. Transcorrido o prazo establecido no dito anuncio non compareceu ningún interesado.

Vixésimo sexto. O 27.11.2018 a xefatura territorial emitiu o informe de compatibilidade entre o parque eólico e os dereitos mineiros referidos no informe da dita xefatura do 24.5.2017.

Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este procedemento con fundamento no artigo 45.6 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, e pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. En relación cos dereitos mineiros afectados, o 27.11.2018 o Servizo de Enerxía e Minas da xefatura territorial emitiu informe en que se conclúe que non hai incompatibilidade entre o proxecto de execución do parque eólico e os dereitos mineiros afectados.

Para o permiso de investigación da sección C Carla nº 5821 infórmase que se atopa pendente de resolver a caducidade deste permiso en toda a súa extensión por estar fóra da súa vixencia, polo tanto non cabe interferencia algunha entre o parque eólico proxectado e o dereito mineiro. Non obstante o anterior, aínda que se tivesen en conta os traballos de investigación previstos na prórroga do permiso de investigación (denegada o 1.11.2018 por Resolución da Consellería de Economía, Emprego e Industria), obsérvase que a distancia entre o parque eólico e as dúas sondaxes máis próximas é o suficientemente ampla, de 3.077,71 m, para concluír que non habería interferencias posibles entre o parque eólico e os traballos de investigación.

Así mesmo, no que se refire ás solicitudes de permiso de investigación da sección C Luaces nº 6020 e Vilaboa nº 6021, maniféstase para cada unha delas que ao non existir un dereito mineiro outorgado non se produce afección ningunha por parte do parque eólico e non cabe o trámite de compatibilidade ou prevalencia dunha utilidade pública sobre outra.

Polo tanto, en vista do recollido do mencionado informe da xefatura territorial procede unicamente declarar a compatibilidade do parque eólico co permiso de investigación da sección C Carla nº 5821.

Cuarto. No que respecta aos aproveitamentos forestais afectados, a Dirección Xeral de Ordenación Forestal emitiu informe o 17.7.2018. Posteriormente, o 30.7.2018, unha vez efectuado o trámite de audiencia previsto no artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, sen que se recibise ningunha alegación, a Dirección Xeral de Ordenación Forestal ratificouse no informe do 17.7.2018.

No mencionado informe, e en relación cos montes veciñais en man común afectados (MVMC de Seres e MVMC de Pena), conclúese que non existe obxección á declaración de prevalencia da utilidade pública do parque eólico Monciro sobre o interese xeral dos montes veciñais en man común, sempre que as comunidades non presenten alegacións en contra; en caso de que alegasen en contra do proxecto, emitiríase un novo informe sobre esta cuestión.

En relación coa sociedade de fomento forestal afectada (Sofor Monte Uceira da parroquia de Cirio, S.L.), o informe da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, conclúe o seguinte: no que se refire á sociedade de fomento forestal considérase de interese garantir a súa viabilidade evitando a expropiación dos terreos que xestiona. Por outra parte, debe terse en conta que os propietarios cederon os dereitos de uso e aproveitamento á sociedade limitada, polo que o promotor deberá ter en conta este feito a fin de negociar os correspondentes acordos con quen va a verse realmente limitado pola instalación do parque eólico.

Así mesmo, no punto I. Antecedentes do informe indícase que sobre este último convenio (Convenio 2717013 Cirio e Xerbolés), algúns titulares das parcelas constituíron unha sociedade limitada, denominada Sofor Monte Uceira de la parroquia de Cirio, S.L., á que teñen cedidos os usos e aproveitamentos das súas parcelas. A dita sociedade está sendo inscrita actualmente como sociedade de fomento forestal (sofor). O artigo 122 bis da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, declarou de interese especial a xestión forestal conxunta e sostible das agrupacións de propietarios ou titulares do dereito de uso de terreos forestais para a súa explotación conxunta, que é o obxecto da sofor. A sofor xestiona 51,7831 ha; en caso de que se expropiasen terreos xestionados pola sociedade limitada de modo que quedasen en menos de 50 ha, habería que tramitar a súa exclusión do Rexistro de sociedades de fomento forestal.

Por outra parte, o 1.10.2018 o promotor achegou documentación aclaratoria sobre as afeccións á sofor, onde se acredita que o parque eólico afecta unha pequena parte da superficie xestionada por esta sociedade, concretamente a 1,4474 ha. Polo tanto, a superficie que permanece baixo a xestión da sofor ascende a 50,3357 ha, evitándose así a exclusión desta sociedade do Rexistro de sociedades de fomento forestal.

Quinto. Con respecto ás alegacións presentadas, recollidas no anexo deste acordo, visto o contido destas e as respostas do promotor, exponse o seguinte:

1. No que respecta ás alegacións de carácter ambiental e afeccións ao patrimonio vexetal, animal e arqueolóxico, estas foron tidas en conta na declaración de impacto ambiental emitida pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 20.7.2018, que se fixo pública por Resolución do 24 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

2. En relación coas alegacións relativas á titularidade e características dos bens e dereitos afectados, así como ás compensacións, tomouse razón de todos os documentos e manifestacións achegados. Non obstante, corresponde á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiador, a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento,...), así como das afeccións reais do proxecto sobre eles. No que respecta ás compensacións económicas que poidan percibir as persoas afectadas pola eventual expropiación, no caso de que non se chegase a un acordo entre elas e o promotor eólico, fixaranse as compensacións correspondentes durante o procedemento expropiador de acordo coa lexislación aplicable.

3. Con respecto ás alegacións relativas ao proxecto sectorial, cómpre indicar que estas foron remitidas ao órgano competente en materia de ordenación do territorio e urbanismo para a súa consideración no informe que deberá emitirse segundo o disposto no artigo 13.3 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo.

De acordo con todo o que antecede, proponse que no exercicio das competencias que ten atribuídas, o Consello da Xunta de Galicia adopte o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, do parque eólico Monciro, situado nos concellos de Castroverde e Pol e promovido por Gas Natural Fenosa Renovables, S.L.U., segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Segundo. Declarar a compatibilidade do parque eólico Monciro co permiso de investigación de recursos da sección C Carla nº 5821, de acordo co establecido no informe da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 27.11.2018.

Terceiro. Declarar a prevalencia da utilidade pública do parque eólico Monciro sobre o interese xeral dos aproveitamentos forestais afectados, de conformidade cos informes emitidos pola Dirección Xeral de Ordenación Forestal o 17.7.2018 e o 30.7.2018, de acordo co previsto no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Lugo, de acordo co establecido no artigo 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Anexo:

1. Alegacións presentadas durante o período de información pública indicado no antecedente de feito sexto:

César Gasalla García, o 10.1.2017; Domingo Candal López, o 12.1.2017; Manuel Antonio Freire Tellado e Eulogio Freire Tellado, o 16.1.2017; José Luis Castedo Carballes, o 24.1.2017; Miguel Ángel Pérez Dubois, en calidade de director xeral de Agader, o 23.1.2017; María Luisa Pérez Vázquez e Ana María Pérez Vázquez, o 3.2.2017; Manuel Otero Rodríguez, en representación dos herdeiros de Hortensio Otero Arias, o 3.2.2017; Ricardo Pérez Gandoy, Manuel Pérez Pérez e Arcadio Pérez Vázquez, o 3.2.2017; Baltasara Teijeiro López, o 13.2.2017; Daniel Labrada Otero, o 13.2.2017; José Ramón Labrada Díaz, o 14.2.2017; José Freire Torres, o 14.2.2017; Pablo Castedo Lence, o 15.2.2017 e o 25.4.2017; Manuel Pérez Puente, o 15.2.2017; José María Díaz Varela, o 15.2.2017; Manuela López Díaz, o 16.2.2017; José Gandoy González, o 17.2.2017; María Luisa Pérez Vázquez, Ana María Pérez Vázquez e Arcadio Pérez Vázquez, o 18.2.2017 (dúas alegacións); Ricardo Gómez Polín e 12 máis, o 21.2.2017; Ricardo Pérez Gandoy, o 23.2.2017; Manuel Labrada López, o 23.2.2017; Manuel Muñiz Besteiro, en representación da Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde, o 16.2.2017; Montserrat Lombardía Fernández, en representación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega), o 17.2.2017; Nieves Fernández Veiga, o 27.2.2017; Beatriz Corbo Tellado, o 7.3.2017; Iria García López, o 8.3.2017; María José Santiso Campos e Teresa Santiso Campos, o 15.3.2017; José Antonio Marey Neira, o 22.3.2017 (9 alegacións).

2. Alegacións referidas no antecedente de feito décimo terceiro:

José Veiga Varela, o 28.6.2018; Benilde Santiso Freire, o 3.7.2018; Manuel Antonio Freire Tellado e Eulogio Freire Tellado, o 4.7.2018; Mercedes Veiga Freire, o 24.7.2018.