Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2019 Páx. 2124

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 30 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e a documentación de solicitude de autorización ambiental integrada, presentados por Hermanos Quintás Pozos, S.C., para a ampliación dunha explotación avícola de polos de ceba en Parada de Outeiro, no concello de Vilar de Santos (Ourense) (expediente 2018-IPPC-I-36).

Para os efectos previstos no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), e no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

– Proxecto básico e estudo de impacto ambiental para solicitar a autorización ambiental integrada dunha ampliación de explotación avícola.

Para que calquera interesado poida consultalos e, de ser o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes, o documento estará á súa disposición, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático:

– Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderase acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda http://cmaot.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2018-IPPC-I-36.

Peticionario: Hermanos Quintás Pozos, S.C.

CIF: J32477887.

Enderezo social: Parada de Outeiro, Vilar de Santos (Ourense).

Localización da instalación: Parada de Outeiro, concello de Vilar de Santos (Ourense).

Actividade: explotación avícola de ceba con 6 ciclos produtivos ao ano. O ciclo produtivo comenza coa chegada das aves ás instalacións cun día de vida e permanecen ata acadar os 2,5 kg de peso. Ao remate de cada ciclo realizase a retirada do esterco e a desinfección das naves.

Descrición: o proxecto consiste na ampliación dunha explotación avícola de ceba para aumentar a súa capacidade produtiva ata 104.408 polos. A instalación conta con dúas naves, almacéns, dúas caldeiras de biomasa para abastecer o sistema de calefacción, unha esterqueira, silos para penso e valado perimétrico. Para a ampliación construirase unha terceira nave, dous silos, unha esterqueira e instalarase unha caldeira de gas propano.

Verteduras: as augas procedentes dos aseos irán a unha fosa séptica xa existente para incorporarse depurada ao medio. As aguas residuais da limpeza das naves almacenaranse nunha fosa estanca, que se construirá coa ampliación. As augas pluviais verteranse directamente ao terreo.

O esterco será valorizado coma fertilizante en parcelas de uso agrícola.

Inclúese na documentación presentada o grao de implantación das mellores técnicas dispoñibles, atendendo ao recollido na Decisión de execución (UE) 2017/302 da Comisión, do 15 de febreiro de 2017, pola que se establecen as conclusións sobre as mellores técnicas dispoñibles (MTD) no marco da Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello respecto á cría intensiva de aves de curral ou de porcos.