Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 7 de xaneiro de 2019 Páx. 766

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (10/2018).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza número 78/2018.

Xuízo verbal número 10/2018.

Maxistrada xuíza: María Jesús Sánchez Carbajales.

Demandante: Comunidade de Propietarios Edificio Estivada de Castelao, nº 6, O Milladoiro.

Avogado: Sr. Barreiro Riveiro.

Procurador: Sr. Martínez Lage.

Demandados: José Benito Diz Paz, Mónica Magrache Areaga e Magydiz Inversiones y Gestiones, S.L. (todos eles en rebeldía).

Obxecto: reclamación de cotas comunitarias.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2018.

Resolución.

Estimo integramente a demanda exercida pola Comunidade de Propietarios Edificio Estivada de Castelao , nº 6, O Milladoiro contra José Benito Diz Paz, Mónica Magrache Areaga e Magydiz Inversiones y Gestiones, S.L. e, en consecuencia:

1. Condeno solidariamente a José Benito Diz Paz e a Mónica Magrache Areaga a pagar á demandante a suma de 900,69 euros devindicados entre abril de 2011 e decembro de 2012, incrementados cos xuros legais devindicados desde a data de presentación da demanda ata o seu completo pagamento, con aplicación do artigo 576 da LAC desde a data da sentenza.

2. Condeno a Magydiz Inversiones y Gestiones, S.L. a pagar á demandante a cantidade de 3.090,11 euros devindicados entre xaneiro de 2013 e setembro de 2017, incrementados cos xuros legais devindicados desde a data de presentación da demanda ata o seu completo pagamento, con aplicación do artigo 576 da LAC desde a data da sentenza.

3. Declaro que a vivenda dúplex H, predio rexistral número 31.510, tomo 1.398, libro 537, folio 132, de Ames, do Rexistro da Propiedade de Negreira, propiedade de Magydiz Inversiones y Gestiones, S.L., está afecta o pagamento da cantidade de 618,96 euros, devindicados durante o ano 2012, inmediatamente anterior á súa adquisición, e condeno a referida entidade a avirse a esta declaración.

4. Todo iso con imposición de custas aos demandados.

Notifíquese esta resolución ás partes coa indicación de que non é firme e que contra ela poderá interpoñerse recurso de apelación ante a Sala do Civil da Audiencia Provincial, recurso que deberá presentarse neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición de recurso contra a anterior resolución exixe a constitución dun depósito de 50 euros. Están exceptuadas da obriga de constituír o depósito as partes que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta.

Líbrese testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, María Jesús Sánchez Carbajales, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela.

Publicación. No mesmo día, en audiencia pública, foi lida e publicada a anterior sentenza pola xuíza que a ditou. Dou fe».