Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 7 de xaneiro de 2019 Páx. 764

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2111/2018).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2111/2018

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 701/2015. Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

Recorrente: Fogasa

Avogado: letrado de Fogasa

Recorridos: Campiñas de Laíño, Refojo y González, S.R.L., Hipescar, S.L., admón. concursal de Campiñas de Laíño (Juan Manuel Capella Pérez), admón. concursal de Refojo y González (María José Lorenzo Gómez), Victoria Dolores Portas Castro

Avogados: Mercedes Blanco Fernández, Juan Manuel Capella Pérez, María José Lorenzo Gómez, Estela María Tomé Torres

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2111/2018 desta sección, seguido por instancia do Fogasa contra Campiñas de Laíño, Refojo y González, S.R.L., Hipescar, S.L., admón. concursal de Campiñas de Laíño (Juan Manuel Capella Pérez), admón. concursal de Refojo y González (María José Lorenzo Gómez), Victoria Dolores Portas Castro, sobre Fondo de Garantía Salarial, ditouse a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da administración de xustiza Mª Asunción Barrio Calle.

A Coruña, 4 de decembro de 2018.

O anterior escrito subscrito polo Fogasa únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias. Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina e fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala. Emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias do devandito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da devandita sala, debendo acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela que a resolución desta sala foi impugnada en casación para unificación de doutrina.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza