Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 7 de xaneiro de 2019 Páx. 768

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada

EDICTO (PO 350/2016).

Procedemento ordinario 350/2016

Demandante: Maderas Ramos Moreira, S.L.

Procuradora: Sra. Cayetana Marín Couceiro

Avogado: José Soto Carballada

Demandada: Vasse Cocina y Baño, S.L.

Mariña Vila Suárez, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada, por este edicto,

Anuncio:

Neste procedemento ordinario número 350/2016 seguido por instancia de Maderas Ramos Moreira, S.L., fronte a Vasse Cocina y Baño, S.L., ditouse sentenza en data 23 de maio de 2018, cuxo encabezamento e decisión é do teor seguinte:

«Sentenza número 24/2018.

Maxistrada xuíza que a dita: Alejandra Iglesias Cereijo.

A Estrada, 23 de maio de 2018.

Vistos por min, Alejandra Iglesias Cereijo, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada, os autos do xuízo ordinario 350/2016, instado por Maderas Ramos Moreira, S.L., representada pola procuradora dos tribunais Cayetana Marín Couceiro e asistida do letrado José Soto Carballada contra Vasse Cocina y Baño, S.L., que está declarada en situación de rebeldía procesual, estímase a demanda interposta por Maderas Ramos Moreira, S.L., representada pola procuradora Sra. Marín Couceiro contra Vasse Cocina y Baño, S.L., en situación de rebeldía procesual.

Condénase o demandado ao pagamento da cantidade de corenta e tres mil oitocentos setenta e un euros con vinte e cinco céntimos de euro (43.871,25 euros), así como ao pagamento dos xuros legais desde a data de presentación da demanda.

Impónselle á demandada o pagamento das custas procesuais.

Notifíqueselle ás partes esta resolución, indicando que esta non é firme e contra ela cabe recurso de apelación.

Así o acordo, mando e asino».

E estando o devandito demandado, Vasse Cocina y Baño, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto a fin de que sirva de notificación en forma.

A Estrada, 31 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza