Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2019 Páx. 211

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 3 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución sobre devolución de ingresos indebidos do expediente sancionador 2018300AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Ao non poder levar a cabo a notificación da resolución sobre devolución de ingresos indebidos do expediente sancionador 2018300AL-CO incoado a Wok City, S.L.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña.

A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer, conforme o disposto no artigo 19 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda da Consellería de Facenda no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación. De modo potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición ante a xefa territorial da Consellería de Sanidade da Coruña, no prazo indicado.

A Coruña, 3 de decembro de 2018

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2018300AL-CO.

Interesada: Wok City, S.L. (Wok City).

DNI/NIF/CIF: B70276886.

Último enderezo coñecido: estrada Baños de Arteixo, 43, 15008 A Coruña.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.