Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2019 Páx. 212

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 18 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, polo que se acorda someter a información pública o proxecto de orde pola que se modifica a Orde do 1 de abril de 2016, pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

A Consellería de Política Social está a tramitar o proxecto de orde pola que se modifica a Orde do 1 de abril de 2016 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Na súa virtude, de conformidade co disposto no artigo 42.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia,

ACORDO:

Primeiro. Someter a información pública, por un prazo de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, o proxecto de orde pola que se modifica a Orde do 1 de abril de 2016 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Segundo. O texto do proxecto de orde poderá consultarse no portal de transparencia da Xunta de Galicia:

http://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/pendente-de-aprobacion

Terceiro. As persoas físicas e xurídicas interesadas e a cidadanía, en xeral, poden facer as proposicións, as suxestións ou as recomendacións que consideren oportunas a este proxecto de orde mediante a presentación electrónica a través do formulario PR004A ou mediante a presentación de escrito en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, no prazo indicado.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2018

Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social