Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2019 Páx. 209

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 13 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2018523AL-PO, por infracción en materia sanitaria.

O 5 de novembro de 2018 a xefa territorial de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador núm. 2018523AL-PO contra a persoa titular do NIE X2024754H.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo que, mediante esta cédula se notifica á persoa titular do NIE X2024754H o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, avenida María Victoria Moreno, núm. 43-1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Advírteselle de que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 13 de decembro de 2018

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2018523AL-PO.

NIE da persoa denunciada: X2024754H.

Feito imputado: suposta infracción do previsto en:

– Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios:

• Artigo 3, Obrigacións xerais dos operadores de empresa alimentaria.

• Artigo 4, Requisitos xerais e específicos en materia de hixiene.

• Artigo 5, Sistema de análise de perigos e puntos de control crítico.

• Anexo II: capítulo I, puntos 1, 2, 4, 10; capítulo II, punto 1; capítulo V; capítulo VI; capítulo IX, puntos 2, 3.

– Regulamento 178/2002, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e requisitos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria:

• Artigos 17 e 18.

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como grave no artigo 51, punto 2, da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición: “O incumprimento dos requisitos en materia de seguridade alimentaria, cando represente un risco para a saúde pública e sempre que non poida considerarse unha infracción moi grave».

Sanción proposta: cinco mil un euros (5.001 €).