Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2018 Páx. 53526

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Paderne

ANUNCIO de xestión de biomasa en prevención de incendios forestais.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados con enderezo descoñecido que se sinalan a resolución de xestión de biomasa.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, polo que os interesados deberán cumprir o ordenado nos decretos respectivos para a xestión de biomasa, no prazo de quince (15) días naturais, ao abeiro do disposto no artigo 22.2 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. No caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, poderase proceder á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. No Concello de Paderne quedan á disposición dos interesados as resolucións e documentos integrantes do expediente completo.

Expediente: denuncias en materia de xestión de biomasa:

Expediente

Propietario

Parcela

2018/X999/000302

Josefa Rico Brañas

15065A006000700000JW

2018/X999/000302

José Cordal Palmeiras

15065A006000690000JB

Paderne, 17 de decembro de 2018

César Longo Queijo
Alcalde presidente