A directora xerente de Cetmar, en virtude das competencias atribuídas polo Patronato da Fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e bases específicas para a selección dunha praza de persoal para o proxecto EMODNET.
As bases estarán expostas na sede de Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabello, s/n, 36208 Vigo, e na páxina web (http://www.cetmar.org/ofertas-de-traballo/). A data tope de entrega de solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Vigo, 17 de decembro de 2018
Paloma Rueda Crespo
Directora xerente do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar