A Alcaldía, con data do 23 de novembro de 2018,
RESOLVE:
1º. Aprobar a oferta de emprego público para o ano 2018 do Concello de Meaño, provincia de Pontevedra, correspondente ás seguintes prazas:
Persoal funcionario de carreira: quenda promoción interna:
Grupo |
Denominación |
Clasificación |
Nº |
Sistema de acceso |
C1 |
Administrativo/a |
Escala de Administración xeral. Subescala administrativa |
1 |
Concurso-oposición restrixido, mediante procedemento de promoción interna |
Persoal laboral fixo:
Denominación |
Nº |
Grupo de cotización |
Sistema de acceso |
Limpador/a encargado/a |
1 |
8 |
Concurso-oposición |
2º. Que se faga pública esta oferta, mediante a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, ao abeiro do artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Meaño, 3 de decembro de 2018
Mª Lourdes Ucha Varela
Alcaldesa