Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2018 Páx. 53524

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de información pública do Plan Parcial do sector de solo urbanizable S-07 Venturiña.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames, en sesión que tivo lugar o día 15 de novembro de 2018, acordou abrir un novo trámite de información pública do Plan Parcial do sector de solo urbanizable S-07 Venturiña do PXOM de Ames.

De conformidade co establecido no artigo 75.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses, contados a partir da derradeira publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nun dos xornais de maior difusión da provincia e na sede electrónica/páxina web deste concello.

Durante o devandito prazo podera ser examinado por calquera interesado no departamento de Urbanismo, situado na rúa Alcalde Lorenzo, nº 2, 1º, Bertamiráns, das 9.00 ás 14.00 horas, e formular as alegacións que se consideren oportunas.

Ames, 22 de novembro de 2018

José M. Miñones Conde
Alcalde