Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2018 Páx. 53472

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO polo que se notifica resolución de citación (PO 841/2017).

PO Procedemento ordinario 841/2017

Demandante: Jorge Rodríguez Sánchez

Avogado: Pablo Manuel de Acosta González

Demandados: Aparcamiento Labacolla, S.L. e Fogasa

Avogado: letrado do Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 841/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jorge Rodríguez Sánchez contra Aparcamiento Labacolla, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Acordo:

– Citar as partes para que comparezan o día 31.1.2019 ás 9.45 horas na secretaría deste xulgado ao acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza e, en caso de non haber avinza, o día 31.1.2019 ás 9.50 horas, na planta baixa, Sala de Vistas, Edificio Xulgados, ao acto de xuízo.

– Advírtase ás partes que, en caso de non compareceren nin alegaren xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación ou xuízo, o demandante non comparecido será tido por desistido da súa demanda, sen que impida a celebración dos actos de conciliación e xuízo a incomparecencia do demandado, co cal continuará o procedemento sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Advírtese á parte demandante que, en caso de non comparecer ao sinalamento sen alegar xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación e xuízo, se terá por desistida da súa demanda; advírtese, igualmente, á parte demandada que a súa incomparecencia aos referidos actos non impedirá que se celebren e que continuarán sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto dos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS, paso a dar conta ao xuíz.

Ao outrosí, tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para comunicacións (artigo 53 da LXS).

– Antes da notificación desta resolución ás partes, paso a dar conta a SSª do sinalamento efectuado.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que conteña a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Aparcamiento Labacolla, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza