Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2018 Páx. 53474

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 803/2017).

PO procedemento ordinario 803/2017

Demandante: Luz Divina Lojo Santamaría

Demandados: Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), Muquidoiro, S.L.

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 803/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luz Divina Lojo Santamaría contra Muquidoiro, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Acordo:

– Citar as partes para que comparezan o día 24 de xaneiro de 2019, ás 10.05 horas, na planta baixa, sala de vistas, no edificio dos xulgados, para a celebración do acto de conciliación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza e, unha vez intentada, e no caso de non se alcanzar a avinza, o día 24 de xaneiro de 2019, ás 10.10 horas, na planta baixa, sala de vistas, no edificio dos xulgados, para a celebración do acto de xuízo ante o/a maxistrado/a.

– Advírteselle á parte demandante que, no caso de non comparecer ao sinalamento sen alegar xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación e xuízo, se terá por desistida da súa demanda, e advírteselle igualmente á parte demandada que a súa incomparecencia aos referidos actos non impedirá a súa celebración, continuando estes sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), dou conta ao xuíz.

Ao outrosí, tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado/a social para os efectos do artigo 21.2 da LXS, e por designado domicilio para efectos de comunicacións (artigo 53 da LXS).

– Antes da notificación desta resolución ás partes, dou conta á SSª do sinalamento efectuado.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición, que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén esta ao xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza.

Para que sirva de notificación en legal forma a Muquidoiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza