Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2018 Páx. 53476

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 225/2018).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 225/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Nahun Nogueira Padín contra a empresa Gestio Illahotels, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Parte dispositiva.

Dispoño despachar orde xeral de execución do título xudicial anteriormente referido a favor da parte executante, Nahun Nogueira Padín, contra Gestio Illahotels, S.L., parte executada, por importe de 11.302,02 euros en concepto de principal (1.102,36 euros de indemnización máis 10.199,66 euros de salarios de tramitación a razón de 44,54 euros/día desde o 9 de febreiro de 2018 ata o 25 de setembro de 2018) máis outros 1.130,20 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Este auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da Lei de axuizamento civil (LAC) e a executada quedará apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS).

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que podería incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente no ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para interpor recurso, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 2 aberta en Banesto, conta nº 1596, clave 64 N, e no campo «Concepto» deberá indicar “Recurso” seguido do código “30 Social-reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código “30 Social-reposición”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo «Observacións» a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Gestio Illahotels, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza