Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2018 Páx. 53471

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (PO 285/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 285/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alejandro Carnes Creo contra a empresa Auditores y Consultores de Eficiencia Energética, S.L., sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva di:

«Estimando integramente a demanda interposta por Alejandro Carnes Creo contra Auditores y Consultores de Eficiencia Energética, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboar ao demandante a cantidade de 5.053,56 euros polos conceptos indicados no feito probado sétimo desta sentenza, incrementada cos xuros previstos no artigo 29.3 do ET desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Auditores y Consultores de Eficiencia Energética, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza