Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2018 Páx. 53468

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

EDICTO (389/2016).

Eu, María del Carmen Fernández Matas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, certifico que nos autos seguidos neste xulgado por instancia de Abanca contra Jessica Piñón Martínez, José Antonio Piñón Castro e Álvaro Batista Sánchez, de procedemento ordinario 389/2016, ditouse sentenza do 23 de outubro de 2017 e auto de aclaración de oficio do 30 de outubro de 2017, e para a súa notificación ao codemandado rebelde, que se atopa en paradoiro descoñecido, José Antonio Piñón Castro, acordouse expedir o seguinte edicto, que contén o encabezamento e resolución da sentenza, tamén o encabezamento e parte dispositiva do auto de aclaración de oficio, e copiada literalmente di:

Encabezamento e resolución da sentenza do 23 de outubro de 2017:

Sentenza: 300/2017

«Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

Procedemento: xuízo ordinario número 915/2016 

En Ferrol o 23 de outubro de 2017.

Vistos os autos de xuízo ordinario número 389/2016 por Montserrat Matos Salgado, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, seguidos ante este por instancia Abanca Corporación Bancaria, S.A., que comparece representada polo procurador Sr. Rodríguez Ramos e baixo a asistencia letrada do Sr. Jiménez López-Sors (substituído), contra Jessica Piñón Martínez, José Antonio Piñón Castro e Álvaro Batista Sánchez, en situación de rebeldía procesual, versando a litis sobre incumprimento contractual».

«Decido que, estimando integramente a demanda interposta por Abanca Corporación Bancaria, S.A., que comparece representada polo procurador Sr. Rodríguez Ramos e baixo a asistencia letrada do Sr. Jiménez López-Sors (substituído), contra Jessica Piñón Martínez, José Antonio Piñón Castro e Álvaro Batista Sánchez, en situación de rebeldía procesual, debo condenar e condeno a Jessica Piñón Martínez, Álvaro Batista Sánchez e José Antonio Piñón Castro a aboar á entidade demandante a suma de 28.423,09 euros, incrementada nos xuros legais pertinentes, con imposición das custas procesuais aos codemandados.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que non é firme e contra ela poderán interpoñerse recurso de apelación, para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de vinte días desde a notificación da presente resolución.

Así o pronuncia, manda e asina, Montserrat Matos Salgado, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol».

O encabezamento e parte dispositiva do auto de aclaración de oficio do 30 outubro de 2017:

Auto

Xuíza/maxistrada xuíza: Montserrat Matos Salgado.

En Ferrol o trinta de outubro de dous mil dezasete.

Parte dispositiva

Acordo:

Rectificar o erro material cometido no encabezamento da sentenza ditada o 23 de outubro de 2017, figura:

«Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol.

Procedemento: xuízo ordinario número 915/2016».

Cando debería constar:

«Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol.

Procedemento: xuízo ordinario número 389/2016».

Modo de impugnación: contra esta resolución non cabe recurso ningún, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a resolución que aquí se aclara/engade.

Así o acorda e asina a súa señoría, dou fe

E para que conste e sirva de notificación ao codemandado rebelde José Antonio Piñón Castro, que se atopa en ignorado paradoiro, expido esta.

Ferrol, 2 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza