Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2018 Páx. 53467

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Sexta)

EDICTO (22/2017).

M. Carmen Sobrado Prado, letrada da Administración de xustiza da Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra,

Polo presente fago constar que na peza de apelación 22/17, dimanante do procedemento ordinario 124/15 do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, seguido por instancia de Recreativos Ceda, S.A., esta sección, o 27 de xullo de 2017, ditou sentenza estimando parcialmente o recurso interposto por Jorge Ángel V.R., cuxo texto íntegro se atopa nesta sección á disposición dos interesados.

A anterior sentenza é susceptible de recurso de casación por interese casacional/extraordinario por infracción procesual, con base no establecido no artigo 477 da LEC.

Para que conste e para a súa publicación en DOG co fin de que sirva de notificación a Óscar Cruz Feijoo e Daniela&Martina, S.L., expido e asino o presente.

Vigo, 28 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza