Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2018 Páx. 53465

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 30 de novembro de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, polo que se dá publicidade á resolución da mesma data por la que se convoca o procedemento de mobilidade interna voluntaria de diversas categorías de persoal estatutario fixo do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e con base nos criterios reitores aprobados en mesa sectorial de sanidade pola Administración sanitaria e as organizacións sindicais con representación nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, do 29 de decembro de 2009, modificados mediante Acordo do 31 de xaneiro de 2014, así como no Acordo de bases aprobado en comisión de centro o 25 de marzo de 2011; e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG núm. 140, do 24 de xullo), e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a convocatoria do procedemento de mobilidade interna voluntaria do persoal fixo das categorías de xestión e servizos, persoal sanitario diplomado e sanitario de formación profesional do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Segundo. As solicitudes para participar nesta convocatoria deberanse presentar nas unidades de rexistro dos centros integrantes da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, no prazo de vinte (20) días hábiles contados desde o seguinte ao da data da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderanse presentar a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. As bases íntegras da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e na intranet da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Ourense, 30 de novembro de 2018

Julio García Comesaña
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras