Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2018 Páx. 52769

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Carballo

EDICTO (DCT 390/2017).

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Carballo

DCT divorcio contencioso 390/2017

No procedemento de referencia ditouse a resolución cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza 59/2018.

Xuíz que a dita: Jorge Hernández García.

Lugar: Carballo.

Data: 13 de xuño de 2018.

Obxecto do xuízo: a declaración de divorcio do matrimonio formado polas partes mencionadas.

Resolución.

Acordo:

1º. A disolución do matrimonio formado por María Jesús Castro Pailos e José Antonio García Parafita.

2º. Atribúeselle a María Jesús Castro Pailos a patria potestade exclusiva e a garda e custodia dos fillos comúns chamados ----- e -----.

3º. Non se establece réxime de vistas, comunicación e estancia a favor de José Antonio García Parafita sobre os seus fillos.

4º. Atribúeselles aos fillos dos litigantes e a María Jesús Castro Pailos o uso e desfrute do domicilio conxugal, sito na parroquia de -----, lugar de ----- número ----- de ----- (Carballo) e o enxoval doméstico.

5º. José Antonio García Parafita deberá aboar a cantidade de 460 euros mensuais para os seus dous fillos (230 para cada un deles), que se fará efectiva dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta bancaria que designe María Jesús Castro Pailos. Esta cantidade será revisada anualmente conforme o índice de prezos de consumo, tomando como base de revisión a cantidade que se estivese pagando no momento de efectuala. Esta cantidade comeza o seu cómputo desde a data de notificación da sentenza. Prevense o obrigado que incumprir tal pagamento pode xerar responsabilidades penais.

Respecto aos gastos extraordinarios, cuxo importe e devindicación deberán ser en todo caso xustificados, aboaranos os proxenitores a metades. Considéranse gastos extraordinarios os gastos médicos non cubertos pola Seguridade Social ou seguros dos pais, os relativos a matrículas universitarias, as actividades extraescolares, os gastos de pasantías ou clases de apoio educativas extraescolares, os lentes e lentes de contacto non cubertos pola Seguridade Social, os gastos odontolóxicos non cubertos pola Seguridade Social ou polo sistema sanitario, os gastos necesarios para a obtención do carné de conducir, os campamentos de verán e outros de similares características. Non se consideran gastos extraordinarios os libros de texto escolares non universitarios, nin as matrículas de inicio de curso non universitario. Prevense o obrigado que incumprir tal pagamento pode xerar responsabilidades penais.

Non se fai imposición de custas a ningunha das partes.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne, dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

Este recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade na conta deste expediente consignando, no campo «concepto» a indicación «Recurso» seguida do código «02 Civil-Apelación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo a indicación «recurso» seguida do código «02 Civil-Apelación».

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións, a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de José Antonio García Parafita, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Carballo, 6 de novembro de 2018

O/a letrado/a da Administración de xustiza