Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2018 Páx. 52767

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (236/2017).

Eu, Patricia Raposo Fernández, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, fago saber que no presente procedemento, seguido por instancia de Caixabank Consumer Finance EFC, S.A. fronte a José Luis Sobrino Ferreira, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza número 94/2018.

Pontevedra, 13 de xullo de 2018.

Vistos por Ignacio de Frías Conde, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, os presentes autos de xuízo ordinario seguidos neste xulgado co número 236/2017, por instancia de Caixabank Consumer Finance EFC, S.A., representada pola procuradora Sra. Torres Álvarez e baixo a dirección legal do letrado Sr. Bollain Covarrubias, fronte a José Luis Sobrino Ferreira, en situación de rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade.

Resolución.

Que estimo a demanda interposta pola procuradora Sra. Torres Álvarez, en nome e representación de Caixabank Consumer Finance EFC, S.A., contra José Luis Sobrino Ferreira, e condeno a José Luis Sobrino Ferreira a pagar a Caixabank Consumer Finance EFC, S.A. a suma de 23.504,33 euros, máis os xuros do artigo 576 da LAC desde a data desta resolución.

As custas procesuais impóñenselle a José Luis Sobrino Ferreira.

Notifíquese a presente resolución ás partes, coa advertencia de que fronte a ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días ante este xulgado.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas deste xulgado e déixese no procedemento testemuño bastante.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E ao estar o dito demandado, José Luis Sobrino Ferreira, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 17 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza