Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2018 Páx. 52765

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

EDICTO (395/2015).

Eu, María del Carmen Fernández Matas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, certifico que nos autos seguidos neste xulgado por instancia de Pedro José Mauriz Teijeiro (que ten recoñecido o dereito á xustiza gratuíta pola Resolución do 12 de novembro de 2015 da Comisión de Xustiza Gratuíta de Ferrol), contra Gabriel Álvarez Silvar, Best Way Traves España, S.L., María Álvarez Silvar, Jesús Álvarez Silvar, María del Carmen Álvarez Silvar e Eva María Álvarez Silvar, de procedemento ordinario número 395/2015, se ditou sentenza do 18 de outubro 2018, e para a súa notificación á entidade Best Way Traves España, S.L. que se encontra en paradoiro descoñecido, acordouse expedir o seguinte edicto, que contén o encabezamento e a resolución que, copiada literalmente, di:

«Sentenza: 157/2018.

Sentenza.

Ferrol, 18 de outubro de 2018.

Vistos por Berta Vidal Gallego, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, os presentes autos de xuízo ordinario número 395/2015, seguidos ante este xulgado, en que son partes, como demandante Pedro José Mauriz Teijeiro, representado pola procuradora Marta María Martínez Gallego e asistido do letrado Roberto Bouza Prieto, e como demandados, a entidade Best Way Travel España, S.L., sen representación procesual nin asistencia letrada, María Álvarez Silvar, Gabriel Álvarez Silvar, Eva María Álvarez Silvar, representados pola procuradora Berta Sobrino Nieto e asistidos do letrado Carlos Cabado Cabeza, Jesús Juan Álvarez Silvar e María del Carmen Álvarez Silvar, representados pola procuradora Carolina Fernández Díaz e asistidos do letrado José María Río Rodríguez, sobre resolución de contrato de arrendamento de vivenda e indemnización de danos e perdas, en nome do rei, dítase a presente sentenza».

«Resolución.

Estímase parcialmente a demanda formulada pola procuradora Sra. Martínez Gallego, en representación de Pedro José Mauriz Teijeiro, contra a entidade Best Way Travel España, S.L., sen representación procesual, e declárase a resolución do contrato de arrendamento da vivenda situada na praza de España, 16-17, 3º D (Ferrol), así como a obriga da entidade demandada de indemnizar o demandante na cantidade de 35.000 euros, cantidade que se verá incrementada cos xuros previstos no artigo 576 da Lei de axuizamento civil desde a data desta sentenza ata o completo pagamento. Cada parte deberá aboar as custas causadas á súa instancia e as comúns por metade.

Desestímase a demanda formulada pola procuradora Sra. Martínez Gallego, en representación de Pedro José Mauriz Teijeiro, contra María Álvarez Silvar, Gabriel Álvarez Silvar, Eva María Álvarez Silvar, representados pola procuradora Sra. Sobrino Nieto, Jesús Juan Álvarez Silvar e María del Carmen Álvarez Silvar, representados pola procuradora Sra. Fernández Díaz, e absólvense os codemandados de todas as peticións deducidas contra eles, con imposición das custas causadas á parte demandante.

Notifíquese a presente sentenza ás partes e fágaselles saber que a resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días contados a partir do seguinte ao da súa notificación.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da L.O. 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición do recurso contra esta resolución exixe a constitución do depósito de 50 euros mediante ingreso en efectivo, en calquera sucursal de Banco de Santander, na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial, expediente 4797-0000-04-0395/15. O depósito da expresada suma deberá ser acreditado ao interpor o recurso, a cuxo escrito se xuntará copia do xustificante ou da orde de ingreso; sen este requisito non será admitido a trámite. Están exceptuados da obriga de constituír o depósito aqueles que teñan recoñecido no procedemento o dereito de asistencia xurídica gratuíta.

Expídase testemuño desta sentenza para a súa unión aos autos e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro da entidade Best Way Traves España, S.L., expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ferrol, 21 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza