Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2018 Páx. 52642

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Redondela

EDICTO (505/2016).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza 97/2018.

Redondela, 31 de outubro de 2018.

Vistos por Miguel Seijo Espiño, maxistrado titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Redondela, os presentes autos número 505/2016 sobre demanda de divorcio contencioso, seguidos entre as seguintes partes:

• Demandante: José Ramón Gómez Pérez. Procuradora: Sra. Pombar Rodríguez. Avogada: Sra. Couñago Andrés.

• Demandada: Najima El Mouali. En situación de rebeldía procesual.

Procede ditar esta sentenza sobre a base dos seguintes,

Antecedentes de feito.

Primeiro. A procuradora Noemí Pombar, en nome e representación de José Ramón Gómez Pérez, presentou o día 13 de decembro de 2016, ante os xulgados do partido xudicial de Redondela, demanda de divorcio contencioso fronte a Najima El Mouali. O coñecemento da demanda, unha vez que foi debidamente distribuída, correspondeu a este Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Redondela.

O demandante neste procedemento pretende que se declare a disolución por divorcio do seu matrimonio coa demandada.

A demanda foi admitida a trámite mediante o decreto do 23 de xaneiro de 2017, en que se acordou, ademais, dar traslado dela á demandada e emprazala para a súa contestación.

Mediante dilixencia de ordenación do 12 de xullo de 2018, declarouse a demandada Najima El Mouali en situación de rebeldía procesual, ao non ter comparecido en tempo e forma no procedemento, e citáronse as partes para a celebración do acto da vista o día 26 de outubro de 2018, ás 11.00 horas.

Segundo. No día sinalado tivo lugar o acto da vista, coa asistencia da representación procesual e defensa letrada do demandante. Non compareceu a demandada rebelde Najima El Mouali.

Tras a práctica das probas propostas polas partes e admitidas no propio acto, deuse traslado para trámite de conclusións, no cal a demandante se ratificou na súa solicitude inicial.

Practicadas as anteriores actuacións, declarouse o procedemento visto para sentenza.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Sobre a solicitude de disolución do matrimonio por divorcio

Non presenta dúbidas a pretensión de disolución do matrimonio por divorcio, ao se cumpriren os requisitos legais establecidos polos artigos 86 e 81 do Código civil (CC) para que proceda acordar o divorcio por petición dun só dos cónxuxes.

Procede, en consecuencia, estimar a demanda interposta, sen que as circunstancias concorrentes fagan necesario un especial pronunciamento sobre medidas reguladoras das consecuencias do divorcio (e sen prexuízo dos efectos legais derivados del).

Segundo. Custas

En materia de custas, dada a especial natureza deste procedemento ao tratarse de cuestións propias do dereito de familia, e tendo en conta, ademais, que non se chegou a notificar persoalmente á demandada a existencia do xuízo, senón que o seu emprazamento se fixo finalmente mediante edictos, non procede a condena de ningunha das partes.

Resolución.

En atención ao exposto nos anteriores fundamentos, procede:

Estimar a demanda interposta pola procuradora Noemí Pombar, en nome e representación de José Ramón Gómez Pérez, e declarar a disolución por divorcio do matrimonio contraído no seu día entre este e Najima El Mouali.

Non procede a condena en custas de ningunha das partes.

Unha vez que esta resolución sexa firme, dedúzase testemuño dela para a súa comunicación ao Rexistro Civil onde conste inscrito o matrimonio dos cónxuxes, para os efectos da súa anotación á marxe da inscrición correspondente.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas deste xulgado, e déixese no procedemento testemuño suficiente.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme, e que contra ela cabe recurso de apelación, o cal se deberá interpor ante este xulgado no prazo de vinte días contado desde a súa notificación, nos termos establecidos pola LAC, con cumprimento, de ser o caso, dos requisitos relativos á taxa aplicable que proceda aboar de conformidade coa normativa vixente.

Así mesmo, de conformidade coas previsións da disposición adicional 15ª da LO 6/1985, do poder xudicial, introducida pola LO 1/2009, a interposición dun eventual recurso de apelación exixirá, como presuposto previo á ela, que o recorrente consigne xudicialmente un depósito de 50 euros.

Así se acorda e asina».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Najima El Mouali, expídese esta cédula para que sirva de cédula de notificación.

Redondela, 31 de outubro de 2018

O/A letrado/a da Administración de xustiza