Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2018 Páx. 52645

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (CLP 1220/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de clasificación profesional 1220/2015 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Interoud Innovation, S.L. sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza.

A Coruña, 12 de novembro de 2018.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 1220/2015, en que son parte, dunha banda, como demandante, David García Piñeiro, asistido pola letrada Lourdes del Carmen Gutiérrez Espadas, e, como demandados, Interoud Innovation, S.L., que non comparece, administrador concursal de Interoud Innovation, S.L., Antonio Abuín Porto e Fogasa, que non comparece, sobre reclamación de cantidade e clasificación profesional, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Antecedentes de feito.

Primeiro. A parte demandante presentou demanda que por quenda correspondeu ao Xulgado do Social número 2 da Coruña, na cal, tras expor os feitos e alegar os fundamentos de dereito que xulgou pertinentes, terminaba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a dita demanda, sinalouse a celebración do acto de xuízo e este celebrouse na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluído o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación destes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Resolvo que, estimando en parte a demanda interposta por David González Piñeiro, con citación do Fogasa, contra Interoud Innovation, S.L.U., debo condenar e condeno a empresa demandada, en situación de liquidación, a que lle aboe ao demandante 2.617,07 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente».

Para que sirva de notificación en legal forma a Interoud Innovation, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza